BNG de Pontedeume
Propostas políticas
Puntos Proposta

ONDE ESTÁN AS BASES PARA ADXUDICAR OS POSTOS DO MERCADO ?

Deben amosarse xa eses criterios e requisitos para que a cidadanía ao completo (non uns poucos privilexiados) teñan coñecemento. Así cumpriríanse os principios de: transparencia,  imparcialidade e publicidade.

Vai ser o posto de Dirección do Mercado unha oferta máis de traballo que será cuberta de forma “pouco transparente” ou serán un posto de traballo propio do concello a cubrir cun procedemento limpo de concurso-oposición ?

 

Ler novas
Novas
Aumento do gasto en soldos

O ALCALDE OCULTA O SEU SOLDO Á CIDADANÍA

O traballo político debe ser pagado, e ben pagado (como calquera outro traballo), mais o concello non debe ser unha oficina de contratación.

Ocultismo. As palabras textuais do actual alcalde da vila, Bernardo Fernández: “A transparencia é secundaria” definen claramente as súa forma de gobernar.  O alcalde negouse a facilitar cales ían ser o soldos do propio alcalde e do tenente  alcalde.

 

Ler novas