Pontedeume esmorece co seu casco histórico
Co novo mandato municipal do PSOE, o patrimonio histórico de Pontedeume segue a esmorecer igual que co anterior goberno do PP, e baixo a mesma escusa: aínda se está tramitando a aprobación definitiva do PXOM e este leva incorporado o PEPRI. Mais iso só é unha simple desculpa. Recomendamos ao goberno que se asesore ben con gobernos municipais dirixidos polo BNG como Allariz, Tomiño, Ribadeo, Pontevedra Neste último, aínda que non se ten aprobado o PXOM debido ao conflito que mantén o concello de Pontevedra coa Xunta pola ocupación ilegal da ría por parte de ENCE, fixo un traballo de rehabilitación e valorización do casco histórico que é referencia a nivel mundial. A ninguén se lle escapa que a realidade cultural e socioeconómica de Pontedeume ?feirón, comercio etc? podería mellorar de se levar a cabo un coidado do casco histórico na mesma liña que o realizado polos concellos administrados polo BNG antes mencionados. A boa conservación do casco histórico resulta a ferramenta fundamental para revitalizar o atractivo da vila para os visitantes, para aumentar a actividade comercial e hostaleira, e así promoveríase a diminución do desemprego e da emigración da nosa mocidade. Deixémonos logo de escusas e poñámonos a traballar!