O Plan Único, área de goberno do BNG na Deputación da Coruña, achegará a Pontedeume un total de máis de 770.000€.
Desde o BNG votamos a favor do POS+ 2026, que se aprobou por unanimidade, e que destina preto de 539.000€ a gastos correntes e aproba como previsión para o Plan Complementario dous proxectos por un importe total de 232.977,55€, que a Deputación dotará economicamente ao longo do ano.

A primeira actuación contará cun investimento de 193.160,88€ para o acondicionamento dun acceso en Ventosa. A segunda, cun orzamento de 39.816,67€, centrarase na mellora de pista en O Grobe, na parroquia de Andrade.
Este programa é sinónimo de transparencia e eficiencia, xa que concentra nunha única canle todas as liñas de financiamento. Isto elimina burocracia e garante que cada euro se invista de xeito responsábel e útil para a veciñanza.
En definitiva, o Plan Único representa unha aposta pola proximidade e a confianza nos concellos. Sen esta ferramenta, moitas das melloras que hoxe transforman as nosas vilas e aldeas non serían posíbeis.
#GobernosBNG