“SOMOS UNHA FORZA EFICAZ Á HORA DE DEFENDER OS INTERESES DA GALIZA E UNHA FORZA ÚTIL PARA CONTER A DEREITA E A ULTRADEREITA” EVIDENCIA NÉSTOR REGO.

O BNG de Pontedeume analizou con Néstor Rego os avances acadados para Galiza

Acto do BNG na Casa da Cultura de Pontedeume
Acto do BNG na Casa da Cultura de Pontedeume
​O BNG celebrou un encontro público na Casa da Cultura, no marco da campaña "Co BNG Galiza Gaña", para dar conta do traballo realizado nas Cortes do Estado. O acto contou coa participación do deputado Néstor Rego, o voceiro municipal Aarón Curbeira e a concelleira Rocío Pena.
O BNG de Pontedeume analizou con Néstor Rego os avances acadados para Galiza

​Durante o acto, Néstor Rego analizou os avances nos acordos de investidura e debullou algunhas das melloras acadadas grazas á negociación e presión nacionalista, como a quita da débeda, os descontos na AP-9, o impulso ao tren de proximidade ou a creación de xulgados de violencia de xénero. 

Pola súa banda, Aarón Curbeira e Rocío Pena subliñaron que o BNG é a única garantía de que os problemas de Galiza e as súas comarcas se prioricen en Madrid fronte ás estratexias dos partidos estatais.

Rocío Pena, Concelleira; Aarón Curbeira, Voceiro Municipal e Néstor Rego, Deputado no Congreso
Rocío Pena, Concelleira; Aarón Curbeira, Voceiro Municipal e Néstor Rego, Deputado no Congreso

​Tamén se abordou a problemática da obra da Ponte de Pedra, denunciando a falta de información do Goberno sobre o seu estado actual e explicando a Proposición Non de Lei presentada polo BNG no Congreso para exixir alternativas estructurais e de tránsito durante as obras.

Finalmente, o acto pechouse cun coloquio onde os veciños e veciñas trasladaron as súas preguntas, preocupacións e propostas.

O BNG de Pontedeume analizou con Néstor Rego os avances acadados para Galiza