Os veciños e veciñas asisten estupefactos á perda de memoria de PP e PSOE no desgoberno local

instituto breamo de pontedeume
instituto breamo de pontedeume
Os veciños e veciñas asisten estupefactos á perda de memoria de PP e PSOE no desgoberno local

Os do PP xa esqueceron o seu desgoberno durante 8 anos e a falta de democracia do que fixeron gala, e os do PSOE das críticas que fixeron na oposición, mais tamén das súas promesas electorais que incumpren cada día que pasa.

 Desde hai anos, ante a desidia do goberno do PP de Gabriel Torrente e o continuismo do actual goberno do PSOE de Bernardo Fernández, o BNG eumés en repetidas ocasións, a última vez no pasado pleno do mes de novembro, ten reclamado medidas de seguridade para peóns: sinalización eficaz dos pasos de peóns,  pintado constante, sinalización vertical luminosa (paneis de carga solar) e horizontal (ollos de gato), elevación dos pasos até a altura das beirarrúas onde sexa preciso.

Inacción total do PP no seu momento e do PSOE agora, até que ocorre a desgraza do atropelo dunha moza, o pasado día 2, ao cruzar un paso de peóns na avenida Ricardo Sánchez. Entón agora toca atender o problema e facer caso ás peticións dos veciños, veciñas e BNG. Uns para tomar medidas e outros os do PP para criticar o que eles mesmos non fixeron durante dous mandatos municipais.

Mais nesa liña están tamén as denuncias do PP contra o PSOE. Cando gobernaba o PP adxudicaban o servizo de mantemento do alumeado público a dedo e agora demandan ao PSOE porque está a facer o mesmo, e este fala de política rastreira e de catadura moral dubidosa (dubidosa?) En tanto, o BNG segue a reclamar a normalización de todas as adxudicacións municipais que foron dadas a dedo ou prorrogadas de xeito irregular e sospeitoso, e que o actual goberno do PSOE de Bernardo segue a manter despois de dous anos e medio.

 

 

 

Os veciños e veciñas asisten estupefactos á perda de memoria de PP e PSOE no desgoberno local