CALES VAN SER OS CRITERIOS E REQUISITOS PARA ADXUDICAR AS CONCESIÓNS ?
ONDE ESTÁN AS BASES PARA ADXUDICAR OS POSTOS DO MERCADO ?
Deben amosarse xa eses criterios e requisitos para que a cidadanía ao completo (non uns poucos privilexiados) teñan coñecemento. Así cumpriríanse os principios de: transparencia, imparcialidade e publicidade.
Vai ser o posto de Dirección do Mercado unha oferta máis de traballo que será cuberta de forma “pouco transparente” ou serán un posto de traballo propio do concello a cubrir cun procedemento limpo de concurso-oposición ?
ONDE ESTÁN AS BASES PARA ADXUDICAR OS POSTOS DO MERCADO ?
CALES VAN SER OS CRITERIOS E REQUISITOS PARA ADXUDICAR AS CONCESIÓNS ?
O concello precisa ter un regulamento do mercado para poder realizar a licitación pública para adxudicar os postos do mercado municipal por iso aínda agora o expón a consulta pública. Isto, sendo relevante, é moito menos relevante que coñecer os criterios para adxudicar os postos do mercado municipal.
O grupo municipal do BNG pide que se amosen dunha vez esas bases e esixe do goberno de Bernardo Fernández que a adxudicación se faga:
- en réxime de concorrencia competitiva,
- previa convocatoria pública cun procedemento aberto
- que se garantan os principios de transparencia, concorrencia, imparcialidade e publicidade
Supoñemos (que con este goberno eumés é moito supoñer) que co tempo que levan coa obra do mercado e anunciando a súa apertura inmediata, estas bases xa están máis que elaboradas.
Tamén supoñemos que co persoal con dedicación parcial e co persoal con dedicación exclusiva ao concello non haberá excusas do tipo “non temos tempo” “hai moito traballo” “non damos abasto”
Polo tanto, deben amosarse xa eses criterios e requisitos para que a cidadanía ao completo (non uns poucos privilexiados) teñan coñecemento. Así cumpriríanse os principios de: transparencia, imparcialidade e publicidade.
Aquí non valen as escusas. Ou hai “gato encerrado”???
Unha pregunta retórica: ¿vai ser o posto de Dirección do Mercado unha oferta máis de traballo que será cuberta de forma “pouco transparente” ou serán un posto de traballo propio do concello a cubrir cun procedemento limpo de concurso-oposición ???
A documentación que o goberno municipal debe por enriba da mesa é:
- Un listado dos postos existentes ofertados con como mínimo a seguinte información: ubicación, tipo de actividade prevista, superficie, prezo de saída da licitación.
- Os criterios obxectivamente avaliables coa puntuación correspondente.