Escola Infantil: a gran promesa incumprida

IMG_3175
 Escola Infantil: a gran promesa incumprida

                Xa vai para quince anos que Pontedeume necesita ampliar a oferta de prazas na Escola Infantil Municipal. A EIM do Chalé Rosa, posta en funcionamento cando o BNG estaba no goberno municipal, significou un paso adiante naquel intre, pois non se dispoñía de ningunha oferta educativa de 3 meses a tres anos. Malia a todo, o BNG sempre considerou limitada a idoneidade destas instalacións. Á altura de 2005 elaboramos un Informe no que se pon de relevo unha serie de carencias estruturais do Chalé Rosa que aconsellaban novas instalacións.

Neste asunto de vital importancia para o benestar de veciñas e veciños de Pontedeume e despois de 8 anos de goberno do PP e 4 do PSOE con maioría absoluta: suspenso rotundo. Só houbo promesas electorais e proxectos para especular. En resumo: NADA.

 Escola Infantil: a gran promesa incumprida