Apoiamos aos praceiros-as para que se lles garantice as condicións de traslado e retorno demandadas.
En referencia ao traslado dos postos do Mercado Municipal ao provisional, o BNG pontedeume segue apoiando ás e aos praceiros para que o goberno do PP lles garantice as condicións de traslado e retorno que demandan.
Todos os días, mañá e tarde, a presenza das e dos eumeses que nos solidarizamos é constante e duradeira.
O ocurrido o martes, coa presenza desmesurada dunha garda civil, que foi sorprendida polo seu propio desplegue e a tranquilidade e cordialidade que viron nos praceiros e persoas solidarias co drama persoal e a importancia que este mercado diario ten para Pontedeume e comercio en xeral, foi patético. Sospeitamos que desde a Alcaldía cursouse a orde á Subdelegación do Goberno para frear a uns supostos terroristas.
Onte a deputada do BNG, Ana Pontón, viceportavoz no Parlamento galego, pasou media mañá conversando con todos os praceiros e recollendo datos e documentación do suposto expediente municipal e dos escritos que os praceiros rexistraron antes e despois deste desaguisado do alcalde.
Ana Pontón, que confirmou o seu interese e a posta en comunicación no Parlamento desta problemática, fixo un percorrido polas instalacións do Mercado Municipal e observou o abandono existente nas zonas comunes, de responsabilidade municipal, e comprobou a indicacións dos afectados a nula inversión municipal en 8 anos.
A continuación, Ana Pontón, acompañada polos concelleiros do BNG no Concello de Pontedeume, Antonio Salvadores e Rocío Souto e outros membros nacionalistas eumeses visitou as instalacións do Mercado Provisional e constatou a deficienzas existentes, dadas a coñecer polos praceiros e dos problemas que terían se isto se converte nun mercado pechado indefinidamente, como pretende o alcalde e equipo de goberno. Compre lembrar que o BNG de Pontedeume foi o único grupo municipal que fixo que a súa organización presentase unha emenda aos orzamentos da Xunta do exercicio anterior, para que se incluira unha partida de 1 Millón de euros para a 2ª fase de rehabilitación do Mercado Municipal, e que esta foi rechazada polo PP sen que o alcalde movese un dedo para conseguir os fondos necesarios.
O BNG insiste, ante a manipulación do alcalde, que os praceiros non se negan a ir, sempre e cando sexa provisional e cunha data de regreso comprometida. Tamén considera xusto que o tempo que dure a provisonalidade non conte na caducidade do seu contrato, para nada presionan con este peche a nulidade de fin de contrato nen da prórroga dalgúns, non de todos, que rematan no ano 2015 (outros no ano 2016 e 2017 e outros no 2020 e 2025).