PONTEDEUME É UN CONCELLO PARALIZADO. A OBRAS ANÚNCIANSE PERO NON SE REMATAN.
PONTEDEUME: UN CONCELLO PARALIZADO
O equipo de goberno, liderado por Bernardo Fernández (máis dedicado á Deputación que a outra cousa), con 9 concelleiros dos cales 7 están a cobrar do erario público, amosan unha falta de eficacia desoladora.
Pontedeume é un concello paralizado. A obras anúncianse pero non se rematan.
O equipo de goberno, liderado por Bernardo Fernández (máis dedicado á Deputación que a outra cousa), con 9 concelleiros dos cales 7 están a cobrar do erario público, amosan unha falta de eficacia desoladora.
E non estamos a falar do Mercado Municipal e a desastrosa subasta que está por vir. Logo de 6 anos de espera, dende o BNG desexamos que se ocupen o 100% dos postos ofertados e de forma inmediata; iso é o que desexamos polo ben da Vila. Pero a consecuencia da nefasta xestión do Alcalde deste tema, cremos que quedarán moitos postos baleiros.
Agora estamos a falar de todo o que se anuncia pero que non teñen capacidade para xestionar:
BEIRARRÚAS DE CENTROÑA
Situación: PARALIZADA Data de Remate: NON EXISTE
OBRAS DE ABASTECEMENTO DE NOGUEIROSA
Situación: PARALIZADA Data de Remate: NON EXISTE
PISTA DE PADEL E DE 3x3
Situación: PARALIZADA Data de Remate: NON EXISTE
ESCOLA DE NOGUEIROSA
Situación: PARALIZADA Data de Remate: NON EXISTE
TERREOS PARA NOVO CENTRO DEPORTIVO
Situación: PARALIZADA Data de Remate: NON EXISTE
PÁXINA WEB OFICIAL CONCELLO
Situación: PARALIZADA Data de Remate: NON EXISTE
CONTRATO DA PISCINA MUNICIPAL
Situación: PARALIZADA Data de Remate: NON EXISTE
DINAMIZACIÓN DO FEIRÓN
Situación: PARALIZADA Data de Remate: NON EXISTE
Este non é o concello que merecemos. Gobernar é xestionar, xa haberá tempo de publicitarse, de saír de manifestación e de medrar.
Saúde e Terra.