MEDIDAS ANTE UNHA SITUACIÓN EXCEPCIONAL
PROPOSTAS BNG PONTEDEUME – CORONAVIRUS
Desde o BNG de Pontedeume queremos FELICITAR A TODA A POBOACIÓN DA NOSA VILA POLO COMPORTAMENTO MESURADO E SOLIDARIO cos máis febles e vulnerables que, en xeral está demostrando en circunstancias tan extraordinarias
O BNG ponse a disposición do goberno municipal para colaborar en calquera iniciativa que se articule, ademais queremos APORTAR IDEAS E FACER PROPOSTAS POSITIVAS que sen dúbida axudarán a mellorar a vida da cidadanía de Pontedeume.
Desde o BNG de Pontedeume queremos FELICITAR A TODA A POBOACIÓN DA NOSA VILA POLO COMPORTAMENTO MESURADO E SOLIDARIO cos máis febles e vulnerables que, en xeral está demostrando en circunstancias tan extraordinarias.
Especialmente enviamos a nosa mensaxe de recoñecemento a tantas persoas que están axudando a que a vida da veciñanza durante este estado de alarma se desenvolva nas mellores condicións posibles: empregados do concello, servizo de limpeza, servizo de atención a domicilio, persoal do centro de saúde, policía local, servizo de combustible, tendas de alimentación, comercio retallista...
O BNG ponse a disposición do goberno municipal para colaborar en calquera iniciativa que se articule, ademais queremos APORTAR IDEAS E FACER PROPOSTAS POSITIVAS que sen dúbida axudarán a mellorar a vida da cidadanía de Pontedeume:
1.- É imperativo que o Concello implemente medidas para EVITAR que as empresas que prestan servizos para o concello (como por exemplo escola infantil, actividades culturais e deportivas, piscina...) DESPIDAN aos seus traballadores/as. O concello como entidade pública debe cumprir estritamente co seu fin social e tentar salvagardar todos os empregos que dependan, directamente ou indirectamente da política municipal. Incluso tomando medidas para garantir os postos de traballo e evitar os ERTE como xa está sucedendo el algúns concellos.
2.- Organizar un servizo periódico para satisfacer as necesidades básicas de persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade (problemas económicos graves, sen apoio familiar, persoas con discapacidade, persoas maiores en soidade). Este Servizo debería estar coordinado polos Servizos Sociais e podería implementarse a través da Policía Local e do servicio de Protección Civil.
3.- A Comisión de Seguimento do COVID-19 (á que non se convocou aos grupos municipais do BNG, nin do PP) deberá aprazar/condonar/fraccionar o pago de taxas, recibos e impostos que for preciso para paliar a crise económica de amplos sectores da poboación eumesa (ex: imposto vehículos, taxas terrazas...). Isto farase en función das situacións CONCRETAS da cidadanía, autónomos e empresas Pontedeume.
4.- Dende o BNG de Pontedeume lembramos que segundo o RD-Lei 8/2020: AS ENTIDADES LOCAIS ESTÁN AUTORIZADAS A UTILIZAR O SEU SUPERAVIT para empregar este diñeiro na prestación básica de servicios sociais derivados do COVID-19, polo que o BNG insta ao goberno do concello de Pontedume:
a) Reforzar os SERVIZOS DE ATENCIÓN AO FOGAR para as persoas que xa están sendo habitualmente atendidas. Canalizar a través dos Servicios Sociais novas axudas específicas e puntuais (compra diaria, limpeza da vivenda, axudas para labores cotiás) para a xente valorada como grado I e grado II, incluso para persoas non valoradas especialmente para maiores.
b) Incrementar e reforzar a tele-asistencia (aumentar os contactos de verificación vía telefónica de persoas vulnerables). Poderá crearse un rexistros de voluntariado (en colaboración coas asociacións da Vila) para o acompañamento telefónico destas persoas vulnerables e da terceira idade.
c) Reforzar os servizos para aquelas familias con baixos ingresos. Establecer axudas de emerxencia ás familias máis desfavorecidas e afectadas polo impacto situación económico do coronavirus
5.- Amosar na web municipal os temas tratados e as medidas tomadas pola Comisión de Seguimento do COVID-19 do Concello de Pontedeume para axudar a superar a crise actual no seu ámbito de decisión. A día do hoxe os grupos municipais non teñen ningunha información da acción do goberno
6.- Abrir unha vía de comunicación efectiva coas asociacións veciñais/culturais do Concello para que canalicen a información oficial do concello e que podan colaborar de forma voluntaria coas medidas implementadas polo Concello.
7.- Crear un apartado específico na web municipal “CORONAVIRUS” con toda a información municipal ao respecto. Realizar un resume claro e visual das medidas que toman as administracións que poda ser comprendida de forma sinxela por todo os rangos de poboación.
8.- O goberno municipal deberá garantir o subministro de equipos de protección individual (EPI) para non poñer en risco a saúde dos traballadores do concello (propios e de empresas externas) e das persoas que atenden. Especialmente de grupos de moi alto risco como policía local, servizos de axuda ao fogar, empregados do sistema sanitario, protección civil....
9.- Iniciar unha campaña informativa para empresas, autónomos e particulares coas medidas implementadas e as que se poidan aprobar por parte das diferentes administracións para facer fronte ao impacto social e económico do COVID-19
10.- Reforzar as medidas do servizo de limpeza: desinfección dos espazos públicos de maior tránsito: supermercados, farmacias, centros de saúde (TAMÉN NAS PARROQUIAS), recollida de lixo porta a porta (baixo petición de persoas vulnerables).
11.- Flexibilizar o pagamento de alugueiros e concesións municipais como o mercado municipal
Grupo Municipal do BNG
Pontedeume, 25 de marzo 2020