CONSUMAMOS PRODUTO DO PAÍS. CONSUMÁMOLOS NO COMERCIO DE PROXIMIDADE.
O BNG defende o Comercio local e apoia o consumo de produtos galegos
Consumamos produto do país. Consumámolos no comercio de proximidade.
Así contribuiremos á reactivación económica e social dun sector que xera miles de empregos e que, ademais, ten un efecto dinamizador das nosas vilas.
Apoio ao consumo de produtos galegos e ao comercio de proximidade. Pontedeume é unha vila de pequenos comercios, servizos e hostalaría. O BNG lanza unha campaña de apoio ao comercio local baixo o lema Mellor local, mellor galego. Animamos á cidadanía eumesa en dúas direccións:
1) consumamos produto do país
2) consumámolos no comercio de proximidade.
Así Todos e todas debemos ser conscientes do que significa o comercio de proximidade: calidade, trato personalizado, produto coidado e diferenciado.
Ademais das campañas de sensibilización, o BNG propón medidas concretas contra a crise xerada pola pandemia: axudas directas con cargo aos orzamentos da Xunta, unha fiscalidade xusta para o pequeno comercios e a posta en marcha dunha plataforma galega de venda por internet