O grupo municipal do BNG-AA de Pontedeume mantén a súa postura de coherencia co PXOM.
O grupo municipal do BNG-AA de Pontedeume mantén a súa postura de coherencia no pleno extraordinario e urxente do 14 deste mes sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) non respaldando a sua aprobación, debido a que este plan non ten nada que ver co plan elaborado pola área nacionalista hai 8 anos, onde o PP realizou de xeito escuro e fechado unha serie de cambios co único obxetivo de favorecer intereses particulares de uns poucos en decrimento da maioría social do concello, e no que non se deu á veciñanza resposta ás súas alegacións. Polo tanto voltamos a poñer de manifesto que este plan xa nada ten que ver co iniciado polo BNG, no que se consultou e informou a todas as asociacións de veciños e partidos políticos, co obxeto de consensuar un plan que protexese tanto os intereses particulares como os xerais da veciñanza eumesa.
Neste pleno extraordinario o PP voltou "sorprendernos", cunha actuación de pandeireta e de falta de seriedade, coa súa ABSTENCIÓN ao seu PXOM. Xa que lembremos que o que plan que ía a pleno era exactamente o mesmo que deixaran eles sen nengún tipo de cambio que puidese xustificar a sua actuación. Ao que hai que engadir unha irresponsabilidade total pola sua parte, debido a que tiveron durante dous mandatos municipais parado o plan que deixara redactado o BNG, co único obxetivo de recalificar certos terreos de "amigos", perxudicando gravemente durante estes oito anos o interese xeral da veciñanza.
Aliás, acusamos ao PSOE de hipocresía, ao asumir agora no goberno municipal de forma íntegra un documento que foi moi criticado por Bernardo cando estaba na oposición, nun caso similar ao acontecido con o proxecto do Mercado municipal.
Para o BNG-AA este PXOM coas múltiples correccións, modificacións, adaptacións e inclusións merecería unha nova exposición ao público para que a veciñanza puidese realizar novas alegacións e que estas fosen atendidas de xeito adecuado.
O noso portavoz, Antonio Salvadores, fixo fincapé na toma de medidas correctoras no seu posterior desenvolvemento que fagan posible melloras neste PXOM.
Para rematar. Neste cuarto pleno de lexislatura só tres persoas (e destas unha e o comunicador oficial do PSOE) estaban no público. Isto é a constatación do que o BNG-AA dixo ao inicio desta lexislatura: Os plenos pola mañá ( neste caso ás 13.00h) bombardean as posibilidades de participación cidadá.