Denunciamos a falla de seguridade na retirada do amianto da cuberta do mercado municipal.

Denunciamos a falla de seguridade na retirada do amianto da cuberta do mercado municipal.

x /O BNG pontedeume quere denunciar as máis que xustificadas inquedanzas dos veciños sitos arredor do Mercado Municipal por mor das obras de desmantelamento das tellas e placas de fibrocemento da cuberta. Placas que conteñen amianto, polo que debería terse en consideración o RD 396/2006 que establece as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.

Temos que tomar concienza extrema dos efectos graves que produce o amianto. É un material que pulverizado é de tamaño microscópico, polo que é imperceptíbel, e consecuentemente a única exposición segura é a exposición cero.

Como xa denunciou  o BNG no seu momento no Concello e na prensa,  a adxudicación do contrato da obra a Fontanería Rumbo, SL por 193.251 €, cando o presuposto do proxecto era de 293.516 €, podería calificarse de baixa temeraria ou desproporcionada dun  34,16,  da obra de rehabilitación da cuberta do Mercado. Esta baixa que supera o límite de oferta temeraria pode conlevar un risco de incumprimento no conxunto da obra.

É preceptivo que a empresa adxudicatoria presente un Plan de Traballo ante as autoridades laborais para garantir a seguridade dos traballadores no desmantelamento das placas de fibrocemento e tellas adheridas a elas e, ademáis, contrate a unha empresa cualificada e inscrita no Rexistro de Empresas de Risco de Amianto (RERA) para a realización dos traballos de retirada de materiais con amianto.

Este Plan asegura que as micropartículas de amianto non se volatilicen no medio ambiente, non se depositen no chan nen nas paredes do propio mercado, aínda que de todos os xeitos posteriormente deben ser aspirados totalmente, tratados coa máxima seguridade e transportados a vertedoiros autorizados para residuos de amianto.

Segundo se constata na fotografía que achega o BNG, estánse a desmontar as tellas dos porches e naves laterais sen medidas de protección co conseguinte risco para a saúde dos traballadores en primeiro lugar, e, en segundo lugar, para os veciños da zona e de todos os que pasen polas proximidades,  xa que as tellas están adheridas con formigón ás planchas e na súa extracción arrincan a capa superficial e/ou rompen as planchas que deste xeito pulverizan perigosamente o amianto.

 

Denunciamos a falla de seguridade na retirada do amianto da cuberta do mercado municipal.