Dende o BNG-AA de Pontedeume esiximos que se cubra a segunda praza de Pediatría.
Dende o BNG-AA de Pontedeume, esiximos da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza que se cubra a segunda praza de pediatría, algo que leva reclamando tamén no Parlamento Galego o Grupo Parlamentar do BNG dende hai moitos anos. Denunciamos que non hai o máis mínimo interese de cubrir o turno de tarde en pediatría, onde tod@s @s nen@s van ser atendidos pola mañá por un-unha só pediatr@, lembremos que estamos a falar de perto de 1200 crianzas dos 3 concellos limítrofes, e que estos últimos anos xa non se cubrían as vacacións de ningún médico. Aliás, dado que estamos en época estival parécenos sintomático que esta praza non teña xa substitut@ pois era algo sabido dende primeiros de ano . En calquer caso é moi grave o feito de que un só profesional atenda a tantos nenos co agravante do próximo peche de camas na planta de pediatría no CHUF por non cubrir as vacacións do personal.
Esiximos así mesmo, ao novo goberno municipal de Pontedeume que tome cartas no asunto, para que esixa á Xunta de Galiza a restitución inmediata da segunda praza de pediatría no centro de saúde do noso concello.