Se o BNG está, Galiza está.
Este sábado ás 20 h na Casa da Cultura de Pontedeume, convidámoste a partillar connosco o mitin que con motivo das eleccións ao parlamento europeu, celebraremos no noso concello. Nel intervirán o noso portavoz municipal Antonio Salvadores, despois Celina portavoz da plataforma de emigrantes retornados, outra estafa esta vez da man da axenda tributaria española á clase traballadora para savar á banca. E por último intervirá a deputada no parlamento galego Ana Pontón, moi activa nas reclamacións das e dos praceiros e na reclamación de partidas orzamentarias da Xunta para a segunda fase da rehabilitación do mercado que se toparon coa negativa do PP a incluir mais unha partida para tal fin nos orzamentos da Xunta de Galiza de este ano.
Agardámoste pois neste acto de apoio á candidatura do BNG que encabeza Ana Miranda, eurodiputada que levou os problemas das e dos galegos a Europa, dende os sectores productivos, pesca, agro, naval etc até problemas ambientais como a megaminería e a contaminación das nosas rías, ademáis dos problemas dos estafados polas preferentes e os emigrantes retornados. Porque os problemas de Galiza só son postos enriba da mesa se o BNG está.