O BNG-AA de Pondeume esixe ao goberno municipal que solucione unha serie de deficiencias.
O BNG Asembleas Abertas de Pontedeume a través da súa portavoz municipal Ana Veira, ven de rexistrar una serie de deficiencias no concello para que o goberno municipal se poña mans a obra para subsanalas no menor tempo posíbel.
No paseo marítimo, na foz do Río Covés, o muro que delimita o paseo co río cada dia que pasa cede máis, co risco de derrube. Solicitamos que se contacte axiña con as diferentes administracions compententes co fin de que se solucione antes de que haxa un desprendemento e provoque, alén do deterioro, algún accidente persoal.
Alén diso, tamén rexistramos una solicitude para que se dea solución á acumulación de lixo, taboleiros, etc... nas loxas de Raxoi, actual mercado municipal. Xa que como se pode observar nas fotos
parece un vertedoiro.