O BNG-AA de Pontedeume da a benvida ao PSOE á loita polos camiños de ferro na comarca e no país.
Antes de mais quixeramos dar a benvida ao PSOE á loita polo servizo ferroviario da comarca e do país, xa que é un feito histórico o seu desleixo e hipocresía neste asunto fronte á loita teimosa de muitos anos do BNG tanto a nível institucional como de movilización social. En particular do parlamentario Fco Rodríguez, que levou a bandeira no parlamento español da defensa dos camiños de ferro na nosa comarca e do nación, presentando iniciativas e negociacións orzamentarias que en muitas ocasións viranse bloqueadas ou adiadas polos partidos de obediencia estatal PP-PSOE.
Nesas iniciativas pedíase entre outras cousas a modernización do trazado Ferrol-Coruña cun BY-PASS en Betanzos. Alén de solicitar as transferencias do ferrocarril para lograr una verdadeira vertebración do país, e unha compañía galega de servizo público, barato e accesíbel nos costes, que alén diso repercutise nunha clara mellora mediambiental, algo que nos parece fulcral nas políticas de respecto do medio ambiente.
O 27 de novembro do 2013 Rosana Pérez pedía na mesa dos Deputados explicacións pola exclusión de Ferrol no Eixo Atlántico ferroviario.
:- Por que se excluie?
.- Melloras da liña actual cunha auténtica modernización. Tempos de viaxe competitivos
.- Vanse implantar servizos de proximidade?Como se vai compensar?
O 12 de febreiro do 2016 o BNG apresentou unha moción en Ferrol na que solicitábamos entre outras cousas:
:- Reclamar ao goberno do Estado que desista do desmantelamento desta infraestructura na comarca.
.- Mellora das infraestruturas. Coa realización do BY-PAS en Betanzos.
.- Restaurar paradas no traxecto Ferrol-Coruña.
.- Ter prezos dos billetes acordes.
.- Demandar do Estado as transferencias en materia do ferrocarril interior, xunto xo financiamiento axeitado, co obxectivo de crear una compañía feroviaria galega que mellore o servizo no país e permita acometer infraestruturas e desenvolver un servizo que contribua á vertebración económica, social e territorial do país.
Todas estas cuestións expuxéronse para ser incluidas na moción apresentada polo PSOE no pleno do 31 de marzo. Mais na imprensa só saiu, como é habitual, a información que lles envía o asesor do PSOE. Xa vimos denunciando desde hai moito tempo no BNG de Pontedeume, o xeito de facer información dalgúns meios, no que só sae a información da parte do goberno, facíase cando estaba o PP e agora con o PSOE os medios seguen a cometer o mesmo erro. Seguiremos denunciando este feito até que se corrixa, xa que consideramos que una información plural é un pilar básico dun estado de dereito.