Asemblea Aberta concurrida e moi participativa a organizada polo BNG de Pontedeume.

Asemblea Aberta concurrida e moi participativa a organizada polo BNG de Pontedeume.

Pontedeume asamblea abierta del BNG /Varias ducias de persoas participaron na asemblea aberta convocada polo BNG de Pontedeume na que o compañeiro Raul Calvo Tenreiro foi o encargado de moderala e levantar acta. Foi unha asemblea moi participativa con mais de 40 intervencións nas que quedou patente que o proxecto que se quere levar a cabo dende a asemblea ten que ter en conta o aspecto nacional xa que moitos dos problemas que padecemos na localidade teñen a sua orixe en instancias supramunicipais. Porén, a pesar disto varias intervencións señalaron que dende a localidade pódense artellar medidas para paliar moitos dos problemas que padece Pontedeume. neste senso houbo unanimidade en que debido á paralise, incumprimento e ineptitude do goberno municipal de torrente e do PP, a situación de Pontedeume é crítica cos seus sectores económicos, sociais e culturais na UVI.

Houbo tamén intervencións ao respecto das distintas mareas/asembleas que están a xurdir, da posibilidade de que o voto se fragmente en exceso e da confusión que pode levar á veciñanza. Neste senso falouse tamén da posibilidade de confluir con outras asembleas, ainda que a percepción foi que polo de agora parece unha posibilidade lonxana, xa que como algunha intervención indicou ditas mareas están sendo artelladas por forzas  políticas cuxo centro de decisión non se atopa na Galiza.

Un tercer tema tratado foi a posibilidade de que o BNG tome a decisión de presentarse ás municipais baixo outras siglas co obxetivo de aglutinar a colectivos e persoas que sendo nacionalistas non militan na fronte. Respecto a isto último, en principio a sensación xeral é de que non habería problema en tomar esa formulación, agás algunhas intevencións que ainda que non se opuxeron, indicaron que en todo caso a decisión a respeito de este punto vai estar supeditado ao que opinen o resto de asembleas do país, xa que o BNG é unha organización a nível nacional e que ten representación institucional en todas as  institucións do país e internacionais, co que sería necesario en caso de tomar esta decisión, analizar de que xeito se leva a cabo, xa que se podería perder, por poñer un exemplo, tempos de intervencións nos meios de comunicación públicos para presentarlle á sociedade o programa...etc. En relación con este debate algunhas persoas a titulo individual e outras vinculadas a outras organizacións políticas, plantexaron a posibilidade de adiar a próxima convocatoria até saber a decisión final do Consello Nacional con todos os dados das asembleas enriba da mesa o vindeiro día 18, ainda que finalmente acordouse realizar outra convocatoria para o 12 de outubro ás 12 h no centro de maiores, co obxetivo de realizar unha primeira aproximación aos problemas especificos da vila e as posibeis solucións. Cunha orde do día concreta que se publicará nos próximos días.

 

Asemblea Aberta concurrida e moi participativa a organizada polo BNG de Pontedeume.