Antonio Salvadores encabezará a lista do BNG-Asembleas abertas de Pontedeume.

Antonio Salvadores encabezará a lista do BNG-Asembleas abertas de Pontedeume.

Antonio SalvadoresO BNG de Pontedeume aprobou por unanimidade o primeiro tramo da candidatura do BNG-ASEMBLEAS ABERTAS coa que concorrerá ás eleccións municipais do próximo mes de maio. Esta lista foi proposta e aprobada pola asamblea aberta e posteriormente avalada polo consello nacional. O cabeza de cartel é Antonio Salvadores, actual portavoz do grupo municipal do BNG e foi profesor de ensino. A continuación, no posto número 2, Ana Veira, profesora de secundaria no instituto IES Breamo e delegada da CIG Ensino. Completan este primeiro tramo, Xurxo Allegue, enxeñeiro e actual reponsábel local e membro do consello comarcal do BNG; Cristina Placer, caldereira industrial, e Iago Castro, veterinario.

Unha lista completamente renovada liderada pola experiencia do actual portavoz municipal, Antonio Salvadores. Os postos dous e catro están ocupados por dúas persoas independentes que participaron nas asembleas abertas realizadas pola formación nacionalista. Unha candidatura que incorpora aquela parte da sociedade máis activa, que quere cambiar as cousas, con honestidade, iniciativa e comprometida coas persoas máis necesitadas que padecen as políticas do PP, e cun proxecto que free os recortes e remate coa corrupción.

Aliás, a asemblea aberta acordou continuar o proceso para completar a candidatura e a realización dun programa de goberno coas achegas das diferentes asembleas realizadas, aliás das que se realizarán en diferentes  parroquias do concello para posteriormente presentar un programa que será debatido e ratificado polas propias asembleas abertas.

Neste programa de goberno terá un papel destacado a participación cidadá para facilitar a implicación da xente nas tomas de decisión municipais, poñer en valor o Casco Histórico para a promoción do comercio, a hostalería e o turismo. Priorizar os recursos do Plan Especial de Rehabilitación do casco histórico para asentar xente moza e dar facilidades á rehabilitación través dunha oficina que facilite convenios coas persoas propietarias a cambio de alugueres sociais para a xuventude, entre outros beneficios. Ademais de incluír a rehabilitación do Mercado que tantas veces leva reivindicado o BNG no Parlamento galego e no Congreso dos Deputados, fronte a negativa do PP nos gobernos da Xunta e do Estado. Tamén incluirá adepuración integral da ría, a mellora e saneamento do litoral en Ber e accións concretas no parque natural das Fragas do Eume, xunto co compromiso de realizar unha programación municipal cultural e deportiva durante todo o ano e potenciar o Feirón.

Antonio Salvadores encabezará a lista do BNG-Asembleas abertas de Pontedeume.