O BNG de Pontedeume fronte ao desleixo do desgoberno do PP sobre o PRUX do PN Fragas do Eume.
Na recente xuntanza en A Capela, de propietarios de leiras e montes e alcaldes dos concellos atinxidos polo PRUX do PN Fragas do Eume, volveuse comprobar o nulo e o escaso interese que o Alcalde de Pontedeume ten sobre o Parque Natural, os propietarios afectados e, sobre todo, pola repercusión dunha posta en marcha dun parque que beneficia a todos.
Nesta xuntanza acudiron membros do BNG de Pontedeume e comprobouse a decepción das dúas asociacións cando reclamaran a algún dirixente do Goberno de Pontedeume para definir actuacións conxuntas.
O goberno municipal do PP, co seu Alcalde á cabeza, sendo este un asalariado do Concello Pontedeume, demostrou mais unha vez o desleixo e desprezo polo noso patrimonio natural, cultural, paisaxístico e económico que representa o Parque Natural das fragas do Eume e do Camiño Inglés. Até o ponto de contarse as xuntanzas por ausencias.
O BNGpontedeume, ao contrario do noso Alcalde e goberno municipal, non ten dúbida da importancia que o PRUX das Fragas do Eume ten para o parque en xeral e para Pontedeume en particular , por iso asiste e propón nas xuntanzas a pesar de non ter responsabilidade de goberno, estas son só algunhas das razóns mais importantes:
- É o bosque atlántico máis importante da Europa continental.
- É turisticamente positivo para Pontedeume e os seus servizos.
- E, por último, non menos importante, respecto aos dereitos particulares dos propietarios.
O BNG Pontedeume alegou e propuxo sobre o PRUX
Sempre en plena solidariedade coas asociacións representativas e Xunta Consultiva do Parque Nacional, o BNG de Pontedeume acaba de dar entrada no rexistro do Concello de Pontedeume a 6 alegacións coas súas correspondentes propostas sobre o PRUX. Para iso solicita compensacións polo atraso culpable da Dirección Xeral da Natureza dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, porque este Plan reitor data xa do ano 1997.
- Indemnizacións económicas polas limitacións aos dereitos de propiedade.
- Reclamamos do PRUX unha limitación e concreción dos límites das leiras e montes.
- Propoñemos que débense incluír os tipos relativos á conservación, xestión e recuperación de hábitats.
- Queremos se detalle as distintas zonas: zona agropecuaria, zona de fragas, zona de matogueiras e pasteiros, zona de repoboacións, zona de reserva natural e zona fluvial.
- Solicitamos un programa económico máis detallado
- Pedimos a adaptación á xurisprudencia do Tribunal Supremo sobre estas cuestións.
- Engadimos que o plan debe especificar os usos e as actividades cotiáns e ordinarios para que os propietarios saiban que se vai prohibir, autorizar ou permitir nas leiras e montes integradas no parque natural.