PONTEDEUME: UN CONCELLO PARALIZADO
O equipo de goberno, liderado por Bernardo Fernández (máis dedicado á Deputación que a outra cousa), con 9 concelleiros dos cales 7 están a cobrar do erario público, amosan unha falta de eficacia desoladora.
O equipo de goberno, liderado por Bernardo Fernández (máis dedicado á Deputación que a outra cousa), con 9 concelleiros dos cales 7 están a cobrar do erario público, amosan unha falta de eficacia desoladora.
É inaceptable que a Dirección do Mercado poda recaer nunha persoa designada a dedo por unha empresa externa ao concello de Pontedeume
A Dirección do Mercado debe ser ocupada por unha persoa en réxime de persoal propio do Concello de Pontedeume
A Dirección do Mercado debe ser designada mediante un proceso de concurso-oposición (nunca a dedo, nin traballar para unha empresa externa).
Nas regulamento do mercado debe establecerse como mínimo os requisitos necesarios para o posto de Dirección do Mercado (titulación académica, experiencia mínima, soldo a percibir....)
Un regulamento deste tipo debe ser aprobado polo pleno non debe quedarse nunha aprobación “clandestina” mediante un decreto da alcaldía.
O BNG solicita que NON poda ser a mesma persoa natural ou xurídica adxudicataria de máis dun posto dos que se liciten no mercado (agás situacións especiais que o xustifiquen debidamente: cafetería + servizo de comidas; posto de carne/peixe + elaboracións....)
O BNG solicita que a duración das concesións non sexa maior de 15 anos, prorrogables (por acordo público entre o concello e concesionario) ata un máximo de 25 anos
As persoas físicas concesionarias deben acreditar como solvencia técnica a experiencia comercial de ao menos 12 meses continuados nos últimos 5 anos, mediante certificación de alta censal en facenda.
O BNG solicita que se estableza un prezo mínimo de licitación (según posto e superficie) como en calquera tipo de subasta pública.
O BNG solicita que se clarifique no Regulamento quen abonará os gastos do servizos: luz, auga...
O BNG solicita que se aclare no regulamento o procedemento para nomear aos compoñentes da comisión mixta de forma que os grupos políticos municipais teñan representación.
Incluír nas causas de extinción, a causa por xubilación. Debido á posibilidade de que as concesións son transmisibles “inter vivos” non debería supor ningún problema engadido.
O BNG solicita que se aclare o que significa “isto sen prexuízo do réxime específico das licenzas de uso e ocupación provisional” dentro do artigo18.2.
O BNG solicita que se aclare o que significa “arredores do mercado municipal de abastos” do artigo 4. Esta prohibición debe ser clarificada delimitando a zona prohibida nun plano.
As paradas deben de adxudicarse igualmente por un procedementos aberto en réxime de concorrencia competitiva. O BNG solicita que para, evitar problemas futuros, se clarifique no regulamento as seguintes cuestións sobre as paradas ambulantes: cantas hai, onde están situadas, que superficie ocupan, uso previsto ? poderán estar dentro do mercado ou só nos soportais ?? Como se vai facer o cobro aos vendedores ambulantes ?? Cal é o canón que pagarán os vendedores ambulantes ?
O BNG solicita coñecer quen elaborou e que se amose publicamente a Memoria decorativa do Mercado de Pontedeume.