Aclaracións sobre o pleno extraordinario para a ampliación e rehabilitación do Mercado Municipal.
O BNG-AA de Pontedeume quere facer fincapé que desde o comezo, puxo neste asunto a seriedade e realismo por enriba da propaganda electoralista de PP e PSOE, ao afirmar que era probábel a dilatación das obras nos prazos. Inclinamonos sempre por unha obra máis modesta e cun orzamento máis asequíbel ás arcas municipais, cunha futura ampliación umha vez aberta a praza ao público e sen que afectase ao seu funcionamento, para deste xeito facilitar o acurtamento de prazos que conlevaría dispor do mercado en funcionamento e con os praceiros nos seus postos nun periodo asumíbel, co que evitariamos está mega-obra que tardará no mellor dos casos anos, e con o tecido socioeconómico eumés ao borde do colapso.
Lembramos que co goberno do tripartito xa había un proxecto elaborado por MERCASA e que o PP no 2010 dicía que cuns pequenos retoques sería válido. Non foi así, xa que o PP quixo facer unha obra para que lembraran ao faraón referencia clara ao alcalde Gabriel Torrente.
Tamén queremos censurar que o PSOE cando estaba na oposición tamén era partidario a realización dun proxecto para o Mercado Municipal non faraónico, para así acelerar a sua reapertura, mas cando chegou ao goberno municipal asumiu por completo o que deixou asinado o goberno anterior de Torrente.
A ratificación da urxencia deste pleno viña dado para que a documentación chegue á Deputación antes do pleno a celebrar por esta o 6 de novembro e, deste xeito, acurtar os prazos para comezar coa obra de Ampliación e Rehabilitación do Mercado Municipal.
Alén diso, débese ter en consideración a chegada ao Concello do proxecto básico e de execución o pasado 30 de outubro. Desta volta foi modificado dun xeito leve coa condición que o orzamento orixinal, 1.594.915,00 , tiña que ser invariable. Esta modificación no proxecto consiste no revestimento dunha parede. O presuposto axustouse rebaixando outras partidas.
A cantidade que aporta a Deputación, 502.398,23, vai a cargo do PAS CONVENIOS 2015, que está dentro das asignacións nominativas do anterior goberno do Deputación. Nada ten que ver coa cantidade que lle corresponde a Pontedeume polo PAS 2105, 259.630,15 .
O Orzamento fica así:
A Deputación aportará para o ano 2016, a cantidade total que lle corresponde, 502.398,23 . Para ilo esixe a dispoñibilidade de todos os terreos, augas e servidumes para a execución dos investimentos, incluído o solar de 118 m2 onde está a Cámara Agraria. Tamén esixe a dispoñibilidade completa para a execución da demolición parcial (parte de atrás) do edificio do mercado (71.838,70, sen asignación económica polo anterior goberno, polo que hai que acudir a un crédito).
A Xunta entregará en dúas anualidades, 381.638,00 e 150.000,00 , en 2016 e 2017 respectivamente.
O Concello consignará nos presupostos de 2016 a cantidade de 158.279,99 e 402.598,78 no do ano 2017.
O orzamento total é de 1.594.915,00 , aínda que a esta cantidade habería que sumar 71.838,70, demolición parcial do mercado, 40.000,00 pago á Consellería polo edificio da Cámara Agraria e a futura demolición deste.
A noso voto non foi favorábel, non é o noso proxecto polo antes mencionado e está cheo de lagoas orzamentarias que poden provocar ainda máis retrasos, mais a partir de agora, e xa aprobado, ofrecémos en futuras actuacións á nosa colabouración tanto desde o grupo municipal do BNG-AA do concello, como desde o goberno da Deputación da Coruña onde o BNG ten responsabilidades de goberno.