O goberno local e o alcalde dánlle plantón á veciñanza de Pontedeume
O que ficou patente no último pleno do mes de maio é que neste cuarto ano de mandato municipal os compromisos convertéronse en faltar á palabra e escusas para non facilitar a participación veciñal, impedindo facer os plenos polas tardes. Todo para que a xente non acuda, tanto que até concelleiros do goberno do Psoe tampouco poden ir porque teñen que ir ao seu posto de traballo.
O alcalde do Psoe, cada vez máis semellante ao seu antecesor do PP, tómalle o pelo ás familias coas axudas para material escolar: no curso 2015-16, as cobraron ao remate do curso, no 16-17, ao iniciarse o 17-18; e as destes curso nin están convocadas. De nada valen as iniciativas do BNG para que as paguen con dilixencia e para que se cambie a baremación para que máis familias en Pontedeume teñan acceso a estas axudas, a maioría absoluta do Psoe despreza os problemas que ten a xente, a pesar de que cando estaban no oposición estaban moi preocupados para que se atendesen estas axudas. Haberá que mobilizarse para exixir que se paguen puntualmente.
Maís tamén é a falta de convocatoria do Consello Escolar Municipal ou a regularización do contrato do alumeado público que se atopa nunha situación irregular e que ampara situacións de previlexio ou cando menos de sospeitosa relación comercial coa institución municipal.
Lamentabelmente, o Sr Bernardo estase a rir da veciñanza coa suposta" boa xestión do goberno e o superavit de 1.500.000 de euros" xa que como quedou patente a preguntas do BNG no pleno de maio, este superavit o que demostra é precisamente todo o contrario, ao ser producto da non execución do 30% do orzamento do 2017. É dizer, retraso no Mercado municipal, garderia, saneamento, prazas municipais necesarias para a atención as necesidades da veciñanza que non se convocaron, etc...
Incríbel de comprender que se publicite este superavit producto da inoperancia deste goberno tendo em conta a cantidade de necesidades do concello non atendidas como son o estado das aguas nas nosas praias, o estado de desleixo do feirón semanal ou o abandono do casco histórico e a falta de desenvolvimento do PEPRI.
A continuación detallamos os nosos rogos e preguntas no pleno:
1.- SINALIZACIÓN DE TONELAXE.
Por camiños do concello circulan vehículos de gran tonelaxe.
PREGAMOS a colocación de sinais do límite de tonelaxe autorizado en diferentes camiños do concello.
2.- POLICÍA MUNICIPAL.
Logo dos sucesos ocorridos o luns 14 de maio.
ROGAMOS a creación dunha comisión onde se dea voz ás partes implicadas e estean todos os grupos políticos do concello.
3.- AMAÑO DE CAMIÑOS.
Na zona de Vizús a Castrelo, Centroña dirección S.Bollo… os camiños presentan unha situación de abandono e deterioro importante.
SOLICITAMOS o seu amaño.
4.- FOCHANCAS NO INICIO DO PASEO.
Na zona de aparcadoiro das inmediacións da marquesiña de autobuses existen varias fochancas.
ROGAMOS a reparación do firme.
5.- SEGURIDADE EN DIFERENTES VIAIS.
Reiteramos o rogo presentado xa que a situación de perigo nestes viais é maior cada día.
.- Covelo a S.Bollo ( zona da Presa), subida da Cabana, zona do taller de Arteeume ata fonte do Cobelo…
PREGAMOS a colocación de quitamedos así como puntos de reflectantes ou outro mecanismo que resalte o perigo que supón o tránsito de vehículos sobre todo durante as horas de escuridade.
6.-FOMENTO DA PARTICIPACIÓN.
Como xa comprobamos ao longo de case tres anos de lexislatura a participación da cidadanía nos plenos municipais é case NULA.
En moitos plenos ademais houbo concelleiros/as sen dedicación que non puideron estar nos mesmos por motivos laborais.
SOLICITAMOS a celebración dos plenos municiapis en horario de tarde.
7.- PATIO DO EDIFICIO DE S.SOCIAIS.
Este patio podería ser utilizado como espazo para diferentes actividades.
( Airiños/maios…). Importante ante a falta de locais.
SOLICITAMOS a cubrición deste espazo para poder facilitar o seu uso.
8.-ORDENANZA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO.
Segue habendo incumprimentos desta ordenanza( sobre todo no capítulo segundo e terceiro)
PREGAMOS a súa difusión nos diferentes ámbitos para poder coñecela e o control do seu cumprimento.
9.-DÍA DO ORGULLO LGTBI.
O 28 de xuño é o día internacional do orgullo lgtbi.
ROGAMOS a posta en marcha de actividades de sensibilización que traballen polo respecto á diversidade
10.- REPOSICIÓN DE ESPELLO VIAL.
Na zona de Esteiro no cruce da estrada comarcal e o camiño á capela só queda o armazón metálico do espello que facilita a seguridade vial.
ROGAMOS a colocación dun novo.
Preguntas
1.-AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2017/18.
Xa no pleno do mes de xaneiro presentamos unha pregunta e instábamos accións ao goberno municipal para que non se repetira o sucedido durante anos anteriores.
Está claro que a estas alturas de ano rematará o curso 17/18 e as familias non terán a axuda.
Para cando a convocatoria destas axudas do curso 17/18?
A partir de mañá e ata o 21 de xuño.
A seguinte convocatoria pensan facela dentro deste ano e con sistema de pagos diferente ( mediante bonos facendo convenios coas librarías)
2.- DETERIORO DE CAMIÑOS.
En diferentes puntos do concello os deterioros de camiños por accións relacionadas coas talas forestais é chamativo.
Como se reparan estes? Cando hai informe da policía urbanística van a cargo da fianza.
A cargo de quen van? Están pensando facer unha ordenanza para facer responsable subsidiario ao propietario/a.
3.- O ORZAMENTO DO 2017.
Falouse en varios medios do superhábit d que presentaban as contas do concello.
Cal é a cantidade.total que corresponde a non execución de accións dependentes do orzamento do 2017? Executouse o 70%. Hai cantidades que ían no orzamento correspondentes ao mercado que aparecen como non gastadas mais era preciso telas.
4.- ALUMEADO PÚBLICO.
Na acción 47 do Plan B prometíase “Mellorar o servizo de mantemento do alumeado público, sacando a concurso a súa xestión de forma inmediata”
A estas alturas de lexislatura
Cando sairá este concurso? Disque está listo o prego e que agardan informes.
5.- CLÁUSULAS SOCIAIS.
En anteriores plenos solicitamos a incorporación en todos os contratos públicos feitos por este concello a incorporación de cláusulas sociais, o último no pleno de febreiro no que se nos contestou que se estaba a mirar “algo” no da auga.
Na Deputación de A Coruña existen Pregos tipo no que se contemplan estas cláusulas.
Están a utilizarse estes pregos tipo? Estase a facer.
Que cláusulas se contemplan? De xénero, discapacidade…
6.- ILUMINACIÓN NAVIDEÑA.
Este Nadal puidemos ver cambios na iluminación navideña do concello.
Cal foi o gasto total que se fixo?
31.568,97€
7.- TRANSPARENCIA.
Na promesa 104 do seu programa falaba de “Contestar a todos os escritos que se presentes no rexistro municipal no menor tempo posible”.
O Grupo municipal do BNG presentou un escrito no mes de outubro do 2017.
Cando van cumprir? Contestouse de xeito verbal. Non se dicía que tivese que facer por escrito.
8.- SITUACIÓN DA AUGA NAS PRAIAS.
Logo da situación vivida nas praias de Ver e Centroña que deu lugar á catalogación de non aptas para o baño.
No pleno de febreiro díxosenos que había medicións feitas, non había resultados, había un proxecto para Ver e a obra de Centroña sen licitar.
Cal é a situación actual ? Similar á do ano pasado.
En Ver agardando que se faga un convenio.
En Centroña hai que amañar o bombeo, agardan autorizacións.
9.- APARCADOIRO DO IES FRAGA DO EUME.
É repetida a nosa solicitude de amaño deste aparcadoiro, levamos toda a lexislatura e seguimos sen coñecer proxecto algún nin acción.
Agora xa se poden facer investimentos
Para cando esta obra? Pendentes da memoria do técnico municipal. Teñen moito traballo!!! Farase cando se poida!!
10.- CEM DO CURSO 17/18.
No pleno do mes de xaneiro 2018 fixemos unha pregunta sobre a convocatoria dentro deste curso 17/18.
Respondéusenos que antes do remate do segundo trimestre . Xa estamos a rematar o terceiro.
Se lles enche a boca co concepto : “Participación da cidadanía” e logo as canles de participación non se activan. E de palabras baleiras.
Haberá algunha reunión do CEM no curso17/18?
Para o mes de xuño.