Denunciamos o estado da Praza do Pan e do casco historico en xeral

20180215_132110
20180215_132110
Denunciamos o estado da Praza do Pan e do casco historico en xeral

O caso histórico de Pontedeume segue pendente dunha verdadeira intervención que facilite a súa mellora.

É unha zona chea de vivendas baleiras, moitas delas nun estado lamentábel.

Seguimos pendentes de que o Sr alcalde desenvolva un PEPRI que axude a que haxa un programa real e efectivo neste casco histórico.

O BNG-AA de Pontedeume leva, desde o inicio desta lexislatura, solicitándoo á vez que presentamos múltiples peticións para facer un censo de vivendas ruinosas, unha loita contra o feísmo e as vivendas sen rematar…

En pleno centro da vila está a PRAZA DO PAN, unha praza de gran afluencia, paso obrigado e lugar de esparcemento onde se ubica parte do feirón semanal. Está cun deterioro moi evidente, tanto nas edificacións como na súa propia estrutura.

Como pode apreciarse, na foto que se achega, o chan está moi perigoso para viandantes e isto non É DE AGORA.

Desde o BNG-AA cremos que xa é hora de facer unha actuación  URXENTE e efectiva.

 

 

 

Denunciamos o estado da Praza do Pan e do casco historico en xeral