O BNG de Pontedeume non pode apoiar o PXOM debido a falla de transparencia e escurantismo do PP.
O BNG de Pontedeume non pode apoiar o PXOM debido a falla de transparencia e escurantismo do goberno municipal do PP co mesmo.
O BNG de Pontedeume non pode apoiar a aprobación parcial do PXOM, debido ao absoluto descoñecemento do seu contido. O goberno municipal do PP pretende presentar un plan xestionado de forma escura e pechada, no que non se tivo en conta, nin participaron, as asociacións de veciños nin aos grupos da oposición. Polo tanto poñemos de manifesto que este plan xa nada ten que ver co iniciado polo BNG, no que se consultou e informou a todas as asociacións de veciños e partidos políticos, co obxeto de consensuar un plan que protexese tanto os intereses particulares como os xerais da veciñanza eumesa. A devandita forma de proceder do grupo municipal do PP, incumprindo co principio de transparencia, fainos desconfiar de cales son os intereses ocultos que realmente se están a defender dende á alcaldía do Sr. torrente e do Partido Popular, mais moito nos tememos que non son os da maioría social do Concello de Pontendeume.