O BNG de Pontedeume inclue unha serie de emendas aos Orzamentos da Xunta 2013.

O BNG de Pontedeume inclue unha serie de emendas aos Orzamentos da Xunta 2013.

 

Debido á incompetencia deste goberno municipal do PP, incapaz de solicitar e incluir partidas para proxectos  de vital importancia para Pontedeume nos orzamentos elaborados polo goberno da Xunta de Galicia, e debido que o Sr Torrente está a vender fume á cidadanía eumesa, xa que a día de hoxe non se contemplan as partidas necesarias, destinadas para a execución por parte do goberno galego dos mesmos. O BNG de Pontedeume ven de incluir emendas aos Orzamentos de 2013 elaborados polo Goberno Feijoo, que serán presentadas polo BNG na Xunta de Galiza. Unha serie de partidas para a localidade, adicionais  as xa presentadas a nivel comarcal,como son: 1.000.0000 de euros para a execución da 2ª fase de remodelación da Praza de abastos de Pontedeume, aliás en materia de seguridade vial solicitamos melloras por valor de 200.000 Euros para Nogueirosa e Andrade, ou 100.000 euros para o saneamento na zona de Ber , co ánimo de tentar solucionar a problemática que motivou este verán o peche para o baño da praia por vertidos contaminantes como constatou Augas de Galicia nunha recente inspección en Pontedeume.

Aliás das emendas xa mencionadas que afectan directamente á localidade de Pontedeume, o pasado 4 de febreiro a responsábel comarcal do BNG, Mercedes Tobío, e o deputado Carlos Aymerich presentaron as emendas que atinxen a comarca de Ferrolterra-Eume que introducirá o Bloque aos orzamentos da Xunta para 2013, e que en moitos casos tamén terían unha importate e positiva repercusión para o noso Concello como son ; 25 M€ para á construción do dique flotante, Plan de Emprego para comarcas dependentes do sector naval 4M€, Centro de Reparacións de Ferrol 2M€, Ampliación cobertura banda longa no rural 1 M€, Plano Extratéxico do Turismo Galego 7,2 M,  Estudo para implantación de FFCC de proximidade en Ferrolterra 143.000 Euros, Preveción drogodependencias 6,5M€, Mellora dos servizos de urxencias  hospitalaria 8,5M€, Plan de Mellora Atención Primaria 4,5M€, Servizo Público de Salvamento Marítimo 17,4M€, Restitución do seguro colectivo de accidentes no mar  750.000€, Restitución axudas a mariscadoras maiores de 65 anos 698.000€. En definitiva, xeración de emprego na comarca e atención dos servizos públicos e sociais básicos. Ou expresándoo con outras palabras, a alternativa orzamentaria dunha política económica para Pontedeume, a Comarca e o País pensando nas maiorías sociais, no canto da política económica do partido popular, defensora dos intereses dunha minoritaria elite económica, que logo é moi ben pagadora vía sobres con quen defende os seus privilexios.

 

O BNG de Pontedeume inclue unha serie de emendas aos Orzamentos da Xunta 2013.