O BNG de Pontedeume denuncia o deterioro e desleixo do Río Covés e do Lavadoiro de Esteiro.

O BNG de Pontedeume denuncia o deterioro e desleixo do Río Covés e do Lavadoiro de Esteiro.

O BNG de Pontedeume denuncia o continuo abandono das marxes e desembocadura do río Covés e do lavadoiro de Esteiro. E apoia as demandas dos vecinños de Esteiro e Nogueirosa polo desleixo por parte do goberno municipal que ano tras ano veñen sufrindo.

RÍO COVÉS

O río Covés está incluído na ARPSI FLUVIAL (Área de Risco Potencial Significativo de Inundación, contemplado dentro da Lei de Augas e xestionado por AUGAS de GALICIA.

Nas marxes ao longo do río Covés teñen a necesidade urxente dunha poda da maleza e das pólas das árbores que invaden o río e a retirada inmediata de restos vexetais e orgánicos que reiteradamente provocan inundacións na parte baixa do río no lugar de Esteiro, na parroquia de Nogueirosa.

É unha situación que prexudica a propiedades particulares e este malestar veciñal reverte no Concello de Pontedeume. Actuacións que non son competencia municipal e, consecuentemente, non pode acometer sen a autorización  de Augas de Galicia. Pola contra, o obxectivo de Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, é preservar, protexer e  mellorar os canles dos ríos.

A Directiva 2007/60/CE relativa á Avaliación e a Xestión de Riscos de Inundación, e Real decreto 903/2010 amparan as competencias da Xunta de Galicia nesta materia, mais os ríos e regueiros do noso concello están abandonados.

E algo que non sabe o noso Goberno, pola súa debilidade e ningunha influencia, é transmitir estas demandas e presionar fortemente para que estas denuncias, limpeza de marxes, sexan subsanadas e prevenidas por dito organismo.

 

LAVADOIRO DE ESTEIRO

 O Lavadoiro de Esteiro, onde se inverteu economicamente ao longo de varios mandatos, está nun estado caótico, segundo se aprecia graficamente. Primeiro polo arrastre de terra, restos vexetais, area e escombros que as choivas destes últimos días segue a levar o río Covés e, por último, pola lentitude e apatía do Goberno para solucionar definitivamente este problema e este agravio veciñal.

O Lavadoiro de Esteiro, de plena responsabilidade municipal, o goberno está obrigado a retirada de terras, areas e escombros que dentro do mesmo lavadoiro pode haber ata 3 toneladas acumuladas.

Onde están Augas de Galicia, Comisión Provincial de Patrimonio e Concello de Pontedeume?

O BNG de Pontedeume denuncia o deterioro e desleixo do Río Covés e do Lavadoiro de Esteiro.