O BNG de Pontedeume da un paso no camiño da apertura do seu proceso interno á sociedade galega
O BNG vén de dar o primeiro paso no camiño da apertura do seu proceso interno á sociedade galega. Trátase de facilitar camiños para que se poida efectivizar a colaboración dos cidadáns e cidadás galegos neste proceso de reflexión que, deste xeito, deixa de ser exclusivamente interno para se abrir a aportacións externas.
Ao marxe da sección que vén de porse en funcionamento na páxina web (Http://bng.gal/proponconnosco/ ) , comezamos tamén unha rolda de encontros nas diversas localidades con simpatizantes ou persoas/grupos que teñan interese en coñecer o contido do debate que estamos a facer e sobre todo aportar as súas ideas e propostas.
Queremos, pois, convidarte ao acto que temos previsto realizar no local do BNG de Pontedeume en Boavista nº 8 baixo, para este xoves 27 de Decembro, a partir das 20 horas. Onde tamén contaremos cunha representación da Executiva Comarcal do BNG.
Na seguridade de podermos contar coa túa asistencia e participación, recibe unha aperta.
Asdo.- Xurxo Allegue Freire
Responsábel Local BNG