Solicitamos que o goberno municipal subsane as graves deficiencias do pavillón A Casqueira.

Solicitamos que o goberno municipal subsane as graves deficiencias do pavillón A Casqueira.

Desde o BNG-Asembleas Abertas de Pontedeume facémonos eco das demandas dos clubes deportivosIMG_0023 usuarios do pavillón municipal da Casqueira que denuncian o estado deficiente deste, por ser unha instalación xa vella, deteriorada e abandonada que non cubre as necesidades da práctica cotiá deportiva con normalidade. É por isto que rexistraremos no próximo pleno unha iniciativa para que o goberno municipal tome cartas no asunto.

Son moitos os clubs deportivos eumeses afectados que adestran e compiten no pavillón ?Fútbol Sala Pontedeume, Pontumio Baloncesto, Basket Eume, Balonmán Pontedeume, Acordes Pontedeume Ximnasia Rítmica...?, mais tamén todos os usuarios do pavillón municipal a nivel particular, así como o conxunto de persoas que asiste aos partidos como público. O grande problema é a cuberta das instalacións, xa que está vella e cando chove o pavillón énchese de pingueiras, mais cando non chove e hai condensación provoca tamén que a humidade enchoupe o pavimento... Isto, ademais de provocar a suspensión de partidos e a práctica normal dos adestramentos, supón un risco para as nenas, nenos e adultos, pois non é difícil esvarar e ter lesións. As asociacións deportivas sinalan que xa se teñen producido lesións graves por culpa do estado da cuberta. Esta provoca que non haxa un acondicionamento térmico axeitado, pasando dun calor a un frío extremos do verán ao inverno.

IMG_0005 (1)Os vestiarios tamén teñen deficiencias pola súa distribución, pois para cruzar destes ás duchas hai que pasar polo corredor, coa incomodidade que isto supón. Ao mesmo tempo, as equipas vense limitadas no tempo dedicado aos adestramentos por falta de espazo, mais tamén á hora de facer cadrar os partidos e as competicións.

Desde o BNG-AA eumés denunciamos que as pingueiras e a condensación provoquen, ademais de danos físicos, prexuízos tales como a suspensión de partidos, así como posteriores multas para os nosos clubs, como xa ten acontecido... A nosa organización política pide ao goberno local que se poña unha cuberta nova o antes posíbel, coa fin de evitar as pingueiras e de posibilitar un bo acondicionamento térmico co que as e os deportistas eumeses poidan realizar a súa actividade con total normalidade e en boas condicións. En definitiva, é necesario e urxente que se melloren as instalacións do pavillón A casqueira.