AS CONSERXARÍAS SEN COBRAR, E O CONCELLO MIRANDO PARA OUTRO LADO

Pabellón a casqueira
Pabellón A Casqueira

A través dunha empresa privada sen contrato á qiue se lle abonan anualmente máis de 100.000 euros 

SOLUCIÓN URXENTE XA ¡¡¡   CON SUBROGACIÓN DOS E DAS TRBALLADORAS  ¡¡¡

AS CONSERXARÍAS SEN COBRAR, E O CONCELLO MIRANDO PARA OUTRO LADO

Os empregados de Galilandia levan soportando retrasos nos pagos dende fai anos, coa conivencia e a inacción da equipa de goberno do sr. Bernardo Fernández. Unha situación insoportable que lles está a causar problemas familiares, económicos e incluso de saúde

 

O concello de Pontedeume abona anualmente a Galilandia máis de 100.000 euros para cubrir, entre outros, os servizos de conserxaría dos colexios Couceiro Freijomil, o colexio de Andrade, o pavillón de A Casqueira ou o Centro de Maiores. Uns servizos que deberían ser asumidos por empregados públicos sen intervención de empresas externas.

Ademais esta enorme factura págase sen un  contrato  vixente nin legalmente licitado con reparos da interventora seus informes oficiais.

Novamente algúns empregados levan meses sen cobrar, algo inadmisible.  Cal sería o tempo en solucionar un tema de impago de nóminas se os afectados fosen outros,  se os afectados fosen o alcalde, o tenente de alcalde ou algunha das súas concelleiras ?

SOLUCIÓN URXENTE XA ¡¡¡   CON SUBROGACIÓN DOS E DAS TRBALLADORAS  ¡¡¡

AS CONSERXARÍAS SEN COBRAR, E O CONCELLO MIRANDO PARA OUTRO LADO