Seguimos a padecer o abandono das nosas praias

Seguimos a padecer o abandono das nosas praias

É unha auténtica tomadura de pelo por parte do goberno municipal de Pontedeume e as diferentes praia centronhaadministracións implicadas así como Augas de Galiza, que máis un ano ?ao igual que co PP? volvamos ter a mesma cualificación negativa das augas para o baño nas praias máis importantes do noso concello, Ver e Centroña. Desde o BNG consideramos que o equipo de goberno tivo tempo suficiente para solucionar o bombeo das augas fecais desde Centroña á depuradora da Macuca. Tampouco houbo accións encamiñadas a executar a posta en marcha dunha mini-depuradora en Ver, para evitar a vertedura directa á praia. Así as cousas, un verán máis, os/as bañistas teremos que soportar a mala calidade das augas das nosas praias, co risco que isto pode supor para a saúde. É unha vergoña que desde o concello non se tomen con urxencia as medidas oportunas para evitar o pésimo estado das augas da nosa costa.