Sábado reivindicativo e de festa na Casa da Cultura de Pontedeume.

Sábado reivindicativo e de festa na Casa da Cultura de Pontedeume.

Este sábado 7 comezaremos, na Casa da Cultura  as 18,30 h, co acto conxunto organizado polo BNG demagosto-ferrolterra Cabanas e o de Pontedeume con motivo da campaña "Galiza a Forza que nos Une", para explicarlle a xente o noso traballo no Parlamento español durante estes últimos 20 anos, e a importancia que ten para os intereses das maiorias sociais do povo galego, contar con unha forza política propia no congreso que non teña dependencias de organizacións politicas estatais cuxo centro de decisión está en Madrid en vez de no noso país. Neste acto contaremos coas intervencións de; Iago Varela portavoz municipal polo BNG-AA de Cabanas, Ana Veira concelleira do BNG-AA no concello de Pontedeume e por último Xavier Campos membro da executiva nacional do BNG.

Ao finalizar este acto, participaremos na concentración na praza da Casa da Cultura en solidaridade co veciño de Pontedeume e estudante da USC Aaron, que vai ser xulgado pola participación nun protesto contra os recortes en educación.

Para a continuación as 20,30 h írmonos aos xardins da Casa da Cultura onde Galiza Nova organiza un magosto popular coas actuacións de Airiños do Eume, o monologista Brais Rey e o grupo Poetarras.

Todo isto encadrado na presentación da campaña “Racha coa dependencia.Traballo e liberarde para a mocidade galega” coa que desde a organización xuvenil do BNG estase a traballar para denunciar a precariedade laboral, a emigración e a explotación, animando á xuventude a organizarse e loitar polos seus dereitos e os do conxunto do pobo traballador galego.

Animamos a toda a mocidade de Pontedeume e Comarca a participar nunha festa na que haberá castañas, monólogos e música.