Reprobamos a pésima xestión e a falla de respecto democrático do Alcalde

Reprobamos a pésima xestión e a falla de respecto democrático do Alcalde

mercado manifestaciónO BNG de Pontedeume ven de rexistrar esta mañá unha moción de reprobación do Sr. alcalde. Con esta moción por un lado queremos reprobar ao alcade de Pontedeume pola pésima xestión que está a levar a cabo no asunto do traslado e rehabilitación do mercado municipal, motor e dinamizador da economía local eumesa, e por outra parte darlle a oportunidade ao PP local así como ao PP provincial e nacional a rectificar o modo de actuación desta alcaldía con este asunto ou ser cómprices do modo de actuar do Sr Torrente.

O mercado municipal de Pontedeume ven funcionando ao longo de varias décadas e constitue uns dos sevizos obrigatorios que debe prestar o concello ao abeiro da lei reguladora do réxime local. É claramente un servizo fundamental que axuda a dinamizar e potenciar a economía local eumesa, ao seu pequeno comercio e a súa hostalaría, que dependen en gran medida da afluencia das xentes que se achegan doutras localidades cada mañá a mercar na praza de abastos.

É un feito constatábel a nula inversión nos sete anos de mandato desta alcaldía, no mantemento do mercado municipal. Como tamén é un feito a falla de xestión deste goberno tanto na negociación coas diferentes administracións para conseguir os recursos necesarios para a rehabilitación completa do mercado, como a falla de previsión e organización así como de negociación no traslado das e dos praceiros as loxas provisionais. Como consecuencia desta ineptitude temos por un lado, un problema económico a nivel da localidade co mercado municipal paralizado, e por outro un grave problema social, con familias durmindo no mercado en protesta pola actitude despótica e pouco atinada do alcalde.

 Por todo elo dende o grupo municipal do BNG de Pontedeume vémonos na obriga de presentar esta moción para que o pleno da corporación municipal chegue a este acordo:

1.- O Pleno da Corporación acorda reprobar a actuación do alcalde por resultar manifestamente incompetente no exercicio da súa responsabilidade para resolver os problemas existentes no mercado municipal.

 2.- O Pleno da Corporación acorda implementar as medidas – en consenso permanente con praceiras e praceiros – para afrontar o proxecto global de rehabilitación do mercado municipal; articulando as medidas provisionais – sempre dentro do respecto á normativa existente – para garantir o exercicio digno do traballo das persoas afectadas.

Reprobamos a pésima xestión e a falla de respecto democrático do Alcalde