Aprobada a moción de apoio aos 19 de Meirás.

Pazo Meiras
Pazo Meiras
Aprobada a moción de apoio aos 19 de Meirás.

O máis salientábel do pleno foi a aprobación, cos votos só do PSOE a conta Xeral do exercicio 2017 xa que había informes técnicos que facían fincapé no feito de seguiren existindo “falsos” contratos menores. Que os contratos de luz, como exemplo, debería saír a concurso, e un longo etc de irregularidades e reparos de intervención.

No que atinxe ao mercado municipal aceptouse a  ampliación do prazo de execución da obra con respecto ao contrato da empresa ACCIONA debido aos problemas que se presentaron coa cuberta.

Tamén se aprobou a moción apresentado polo noso grupo municipal "EN APOIO ÁS PERSOAS DENUNCIADAS POR RECLAMAREN A DEVOLUCIÓN DO PAZO DE MEIRÁS". Co voto en contra do PP e o reparo do PSOE a criticar a xustiza herdeira do franquismo e a nula separación de poderes e a imparcialidade da mesma na exposición de motivos. Algo de esperar dun partido como o PSOE sustento e complice do régime do 78 e de todo o que significa. E todo ilo, na semana que se filtraran á imprensa as conversas da ministra onde recoñecia que pillara  á cúpula xudicial do réxime español practicando pedofilia na sua viaxe a Colombia.

No apartado de Rogos e preguntas estas son as que efectuamos:

1.-AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR.

En que situación están?

Pendentes de pago as do 17/18. Xa están revisados.

As do 18/19 irá ao BOP e iniciarase o proceso.

2.- ASCENSOR DO CEIP DE ANDRADE.

Iniciouse o curso escolar con obras no centro e a día de hoxe aínda non están rematadas.

Cales foron os motivos de que as obras non se iniciasen antes?

A consellería de Educación solicitou a licenza para a obra no mes de marzo 18. Estivo pendente do informe de Medio Rural que chegou en xullo 18.

Xunta de goberno en agosto para a concesión da licenza.

Que responsabilidades ten o concello?

Segundo os prazos explicados non foi responsable das demoras.

3.- PÁXINA WEB.

Logo de tres anos, innumerables peticións seguimos como estabamos: Sen Páxina Web.

Cal é a situación deste “arduo” proxecto?

Estamos no 80% dos contidos.

Xa poden dar algunha data?

Previsión para novembro do 18.

4.- LIMPEZA NA ZONA DE BREAMO.

Estamos nas portas da romaría de San Miguel e agardamos que se leve a cabo unha limpeza e desbroce mais non só se debe facer isto para as datas sinaladas.

Durante o verán a zona de merendeiro estivo moi abandonada.

Teñen pensado facer unha temporalización durante o ano para limpar estas zonas?

klDisque xa hai temporalización mais este ano foi complicado polo tempo atmosférico.

5.- PEPRI.

Continuamos sen poder contar co PEPRI, sen oficina de asesoría á rehabilitación e con un incremento dos edificios cun aspecto ruinoso.

Cal é a situación actual do mesmo e as expectativas?

Chegou o informe de impacto ambiental. Pode ser no 2018.

6.- LIMPEZA DURANTE AS FESTAS DAS PERAS.

A limpeza, sobre todo, na mañá do día 11 foi moi deficiente xa que as rúas estaban cheas de porcallada e refugallos.

Como foi a xestión da limpeza neses días?

Houbo cinco persoas de reforzo así como colectores.

O volume de lixo foi moi alto.

7.- BANDAS REDUTORAS DA VELOCIDADE.

Solicitamos xa hai tempo a colocación de bandas redutoras en diversos puntos da vila ( zona Empedrado, Avda/ Ricardo Sánchez...).

Como está esa xestión?

Seguen agardando a que a Xunta lles diga que tipo de materiais deben usar.

8.- CEM 18/19

Cando se vai convocar o do inicio do curso?

Data prevista: o luns 22 de outono.