Pontedeume continúa sen orzamentos municipais pola ineptitude do alcalde e do PP

Pontedeume continúa sen orzamentos municipais pola ineptitude do alcalde e do PP

DSC05534

No pleno da corporación do pasado mes de novembro o alcalde presentou unha modificación de créditos arrastrando partidas do orzamento de 2009 ao carecer dun orzamento corrente e actual. Este feito demostra a inacción e ineptitude do goberno municipal do PP que o fai ademais sen dar conta antes aos portavoces municipais, coa prepotencia que caracteriza o exercicio da Alcaldía por parte de Torrente e os seus adláteres.

A ineptitude ficou patente tamén neste pleno cando se solicitou por parte da bancada nacionalista se tiñan algún tipo de programación feita para o 2015 de actuacións necesarias no concello tales como, amaño de pistas parroquiais, sumidoiros, vexetación en cunetas, fochancas etc…a súa resposta foi negativa. Tampouco se recollen ningunha partida adicional para o mercado municipal, autentico motor económico da vila e que pola ma xestión desta alcaldia do PP xa se están a notar as consecuencias en todo o tecido eumés. Neste sentido é necesario indicar que o BNG ten presentado unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galiza para que recollan unha partida para a rehabilitación do mercado municipal.

 As reivindicacións do BNG recollidas no Plan de Obras e Servizos

A renovación da rede de abastecemento en diversos lugares e da cuberta do pavillón da Casqueira recibiron o voto a favor do BNG

 Vellas demandas da veciñanza de Pontedeume, trasladadas polo BNG ao goberno local, obrigaron a este a incluír no Plan de Obra e Servizos a renovación da rede de abastecemento desde o número 1 da Avenida de Ferrol até a Avenida do Dr. Villanueva e o tramo que vai da Avenida de Ferrol até a rúa Ría de Ares. Ademais inclúen a renovación desde o límite de Pontedeume até o Portiño, en Centroña.

O BNG votou a favor destas obras e ademais tamén apoiou a renovación da cuberta do pavillón da Casqueira.