O casco histórico de Pontedeume sigue a esmorecer.

IMG_8514
O casco histórico de Pontedeume sigue a esmorecer.

Camiño do terceiro ano do mandato municipal do PSOE de Pontedeume con Bernardo á sua cabeza, seguimos sen plan de rehabilitación para o casco histórico porque está na gabeta e non se desenvolve. A alternativa é ir cubrindo con lonas publicitarias todo o patrimonio urbanístico deteriorado da vila.

A  ninguén se lle escapa que a realidade socioeconómica de Pontedeume melloraría de se levar a cabo un coidado do casco histórico na mesma liña que o realizado polos concellos administrados polo BNG no resto do país. A boa conservación do casco histórico valorizaría o noso patrimonio, revitalizaría o atractivo da vila para as persoas visitantes, aumentaría a actividade comercial e hostaleira e ao mesmo tempo a xente moza podería morar mediante alugueiros sociais no centro da vila, a través de convenios entre propietarios e propietarias e o Concello e outras institucións para a rehabilitación das vivendas mediante axudas.

O casco histórico de Pontedeume sigue a esmorecer.