Pleno do mes de setembro
O mais salientábel do pleno ordinario deste més de setembro foi a aprobación da moción presentada polo noso grupo municipal sobre a Fundación Franco e o Pazo de Meirás. Nela acordouse os seguiten pontos:
1. Adherirse á proposta aprobada polo Pleno da corporación municipal de Sada instando tamén á Xunta de Galiza para que sexa este Concello o encargado das visitas guiadas ao Pazo de Meirás, como garantía de que as persoas visitantes do BIC reciben unha información veraz sobre a historia deste espazo histórico.
3. Facer unha condena pública das declaracións da Fundación Franco nas que expresaba a súa intención de usar as visitas guiadas ao Pazo para facer apoloxía da Ditadura e do Ditador.
4. Adherirse e apoiar a iniciativa da “Xunta Pro da Devolución do Pazo de Meirás”, da que forman parte como entidades promotoras a Deputación da Coruña, os Concellos de Sada e A Coruña, a Universidade da Coruña, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a Iniciativa Galega pola Memoria.
5. Instar á Xunta de Galiza á elaboración dunha Lei galega de memoria histórica na que se prohiban, persigan e sancionen os actos de exaltación do franquismo e as entidades que os promovan.
6. Apoiar a realización dun estudo arredor do espolio e a apropiación do Pazo de Meirás por parte da familia Franco e sobre o proceso para posibilitar a súa devolución e incorporación ao patrimonio público, para converter este espazo nun centro destinado a divulgar, difundir e contribuír a coñecer a memoria histórica, os valores da paz e a democracia.
No pleno tamén se tratou un novo recoñecemento extraxudicial de creto. Nel lembramoslle ao alcalde que estaba con reparo de intervención debido á irregularidade no contrato con a compañía eléctrica. E alén de solicitar que o regularizasen o mais rápido posíbel, tamén lle recordamos que hai unha moción presentada polo BNG e aprobada pola corporación municipal para que se estudase a idoneidade de contratar con unha empresa ou cooperativa que tivese a sua sede social no noso pais e que comercializase con enerxia de renovabeis.
No tocante aos festivos do ano, o governo municipal non quixo nen fixo nada por consensuar con os grupos municipais da oposición. Como resultado do cal, este ano que ven non haberá festivo no San Miguel.
Alén disto no apartado de rogos e preguntas tocamos os seguites temas:
1.-ALAMEDA.
Pasados uns meses da apertura da alameda e para poder avaliar os posibles defectos que poidan aparecer pois xa hai escorrentías de terras.
ROGAMOS se leve a cabo un informe da situación da mesma.
2.- OFICINA DE URBANISMO.
A atención ao público nesta oficina é de catro horas á semana. Ás veces hai usuarios que non poden ser atendidos.
PREGAMOS se amplíe este horario.
3.- CAMIÑO COVELO CEMITERIO.
A uns 100 metros á dereita do cemiterio municipal de Breamo, no camiño
que vai a Castrelo, verteuse unha boa morea de entullo.
SOLICITAMOS a limpeza do mesmo.
4.- CONCURSO DE FROITAS.
Sendo unha actividade que dá nome ás Festas das Peras. Que debe ter o obxectivo da posta en valor da riqueza froiteira autóctona.
ROGAMOS unha seria actuación encamiñada á dignificación do mesmo. Para isto propoñemos darlle o nome de CARLOS FORNOS en recoñecemento do seu labor e conveniar coa Asociación galega da froita autóctona do Eume.
5.- POSTA EN VALOR DA RIQUEZA PAISAXÍSTICA.
Ë de vital importancia poñer en valor as diferentes potencialidades que ten este concello.
ROGAMOS se poñan en marcha proxectos de sendas para peóns no concello.
6.- ORZAMENTOS 2018.
A fin de evitar o que pasou cos do 2017 e para que todos os grupos teñamos información e podamos facer propostas…
SOLICITAMOS pronta presentación dos orzamentos 2018.
.- XA SE INICIOU O CURSO 17/18.
Un curso máis que se inicia sen cobro de axudas do curso anterior.
Gastando enerxías en que se o facemos un mes antes ou 15 días antes que o goberno precedente e a realidade é que as familias continúan sen cobrar.
Cal é a situación das axudas de material do curso 16/17?
Están en fase de xustificación. Esta fase remata o 3 de outubro, logo teñen que pasar uns días para facer todo definitivo.
Cando se van convocar as do actual curso 17/18? Están traballando nelo.
2.-ESTRADA DE CENTROÑA
Segue habendo dificultades para transitar por esta estrada debido a diferentes obras. Segundo se nos dixo houbo problemas co proxecto, parece ser que estaba incompleto.
Cal é o prazo de remate?Xa
Que retrasos está tendo con respecto ao programado?Non tivo
De quen é a responsabilidade destes retrasos?Non houbo
Quen se fará cargo dos custes ocasionados ao completar o proxecto cos enganches ás vivendas? Asumidos polo propio concello.
3.- USO DA BIBLIOTECA “ RAMIRO FONTE”
Por fin a biblioteca municipal leva o nome do poeta Ramiro Fonte, fervente defensor da lingua galega e do fomento cultural de eumeses e eumesas.
A cultura que debe promover esta biblioteca non pode estar só en horario de tarde.
O estudantado, en importante fase de formación, demanda un servizo de AULARIO. Servizo que prestan diferentes bibliotecas en moitos concellos.
O grupo de goberno cando estaba na oposición así o reclamou en diversas ocasións, e o BNG estaba de acordo.
Teñen pensado poñer en marcha este servizo no actual curso 17/18? Non está dentro dos plans. Non se pode asumir este servizo.
4.-AS FONTES DO PASEO “ROSALÍA DE CASTRO”.
Hai máis dun mes anunciouse na presa o funcionamento das fontes na zona do paseo.
Que pasa coa do inicio que non funciona?Houbo unha obra e agora xa está en funcionamento.
5.- CUMPRIMENTO DO REGULAMENTO DE USO DA LINGUA GALEGA E DIVERSAS NORMATIVAS.
Segue sendo habitual o incumprimento destas normativas en actuacións programadas ou de responsabilidade deste goberno municipal.
Os constantes rogos e preguntas feitos por este grupo do BNG-AA tiveron contestacións do tipo: “ Xa o teremos en conta para a seguinte ocasión”, “ Recordarémosllo aos responsables desa acción”…
Cal é a explicación para que siga repetíndose este desleixo? Non hai.
Informaron á policía municipal de que eles tamén deben cumprir os regulamentos municipais? Especialmente non.
6.- FESTAS DAS PERAS 2017.
Parece ser que houbo algún problema na distribución espacial dos diferentes postos (en espazo público do concello).
Que requisitos son precisos para situar os diferentes postos? DNI, Seguros, alta en autónomos, manipulador de alimentos…. segundo o caso.
Está documentación recóllese o concello.
De quen é a responsabilidade da distribución espacial dos mesmos?Os organizadores.
Houbo algún interese para primar os negocios propios da vila?Non saben.
Quen debe facer o control de documentación (seguros, altas de puntos de luz…)? A documentación o concello. O boletín de luz cada un debe facer o seu.
A quen lle pagan os feirantes, postos… polo consumo eléctrico? Á empresa eléctrica.
7.-FEIRÓN.
Que plans hai para o FEIRÓN para esta nova etapa de inverno? Quérese facer unha reestruturación integral. Non explican como, disque convocarán ao grupos municipais para consensuar.
Os vendedores están ao día de pago ata outubro 2016.
8.-SISTEMA DE FICHAXE NAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS.
Xa hai tempo que se nos anunciou a súa compra e pronta posta en marcha.
Vaise facer neste ano 2017? Non. Estase a negociar.
9.- MERCADO MUNICIPAL.
Situación actual do mercado? Houbo que facer unha modificación do proxecto inicial da cuberta no que atinxía ao tipo de madeira.
Abertas negociacións a tres bandas ( concello, Deputación da Coruña, Xunta). Requeriron documentación e hai facer unha adenda (documentos para completar ou aclarar uns contidos) para poder solicitar novos prazos.
Houbo problemas coa rúa/ San Miguel por cuestión de seguridade do firme. O proxecto inicial precisa un cambio xa que as catas amosan firme aos 15 mts e non aos 7 mts como se pensaba nun principio polo que o proxecto varía e hai que facer máis muro.
Polo que atinxe á situación xurídica da cuberta disque están Xa cunha proposta xurídica.