O PSOE, coa complicidade do PP, sobe os impostos e non se melloran os servizos aos veciños e veciñas de Pontedeume
Pasado xa o ecuador deste mandato municipal e camiñando cara o terceiro ano, a veciñanza de Pontedeume ven con decepción a bagaxe deste goberno municipal que capitanea Bernardo coa muleta de Crespo.
Este goberno do PSOE caracterízase por ir da man co PP nas cousas fulcrais da política local, a comezar pola economía municipal, aprobando PP-PSOE, Bernardo-Crespo, un plan económico financeiro que desembocou nuns orzamentos, para este ano, sen consenso social nin co BNG. Uns orzamentos que incrementan os impostos. Por exemplo, o IBI (a contribución) e o imposto de actividades económicas. Pola contra non se melloran os servizos que o Concello presta á cidadania, nin se remunicipalizan servizos fundamentais como o da dependencia, onde novamente tanto Bernardo coma Crespo déronse unha aperta votando xuntos a privatización deste servizo.
Ocultan cando falan de que hai superávits que estes son o resultado de incrementar o IBI e o IAE, de non cubrir vacantes de persoal para unha atención e funcionamiento adecuado dos servizos que debe prestar a institución, ou a regularización do pago do IBI de Leite Celta, no que nada ten a ver a xestión do do goberno local do Psoe e Bernardo-Crespo.
Compre destacar que a corporación aprobou unha iniciativa do BNG para minimizar o impacto do catastrazo, esperemos que non fique en nada como outras. Nela pedimos que:
1. O concello prestara de xeito gratuíto un servizo de asesoramento catastral para todos aqueles veciños/as que o necesiten durante o período de vixencia do proceso de regularización catastral.
2. Para paliar as posíbeis consecuencias que a Regularización Catastral poda traer sobre os bens e as economías dos propietarios, o Concello levara a cabo unha modificación da Ordenanza do IBI nos seguintes termos:
-Estudar a aplicación de Bonificación do 95% da cota íntegra do imposto a favor de bens inmobles no que se desenrolen actividades económicas no eido do sector agrogandeiro, comercial e de servizos e que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.
- Unha vez rematado o proceso de regularización e aprobados os novos valores catastrais, estudar a posibilidade de igualar o tipo impositivo dos bens inmobles rústicos cos do IBI Urbana, deixándoo en o,6.