VIVIR CON NORMALIDADE NA NOSA LÍNGUA

Normalizacion Linguistica_1
Máis que nunca...queremos GALEGO

Cales foron as accións específicas levadas a cabo polo goberno de Bernardo Fernández no eido da normalización lingüística no último ano ??   NINGUNHA 

VIVIR CON NORMALIDADE NA NOSA LÍNGUA

O BNG temos o compromiso de traballar en todos os ámbitos que corresponda, tamén a nivel municipal,  pola plena restauración dos usos sociais e pola completa normalización do galego. Nunha Galiza en que todas as galegas e galegos poidamos vivir con normalidade na nosa lingua.

Cales foron as accións específicas levadas a cabo polo goberno de Bernardo Fernández no eido da normalización lingüística no último ano ??

Nós tiñamos esa curiosidade. No pleno de Novembro preguntamos e a resposta foi: NINGUNHA, NINGUNHA ACCIÓN, NINGUNHA MEDIDA, NINGÚN PROGRAMA, NADA.

A xustificación foi a de sempre: non dispoñemos de persoal. Lembremos que hai 7 concelleiros a soldo (+2 sen soldo).

Ah ¡¡¡ Tamén nos dixeron que (por favor, léase con ironía ) algunha representación teatral, si se fixera en galego.

 

“Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”  CASTELAO

VIVIR CON NORMALIDADE NA NOSA LÍNGUA