Resumo do pleno do mes de marzo de 2019

IMG_8517
Resumo do pleno do mes de marzo de 2019

Foi o pleno dos Orzamentos do ano 2019.

Expuxemos que a estas alturas e ante a proximidade das eleccións municipais non se deberían presentar. O prazo para facelo iníciase o 15 de outubro e fóronse retrasando.

O noso voto foi EN CONTRA xa que non compartimos nin as formas nin moitos puntos do fondo.

Presentáronse, logo de levar meses pedíndoo, o 20 á tarde para a reunión da comisión o 25 ás 9.3o. Pouco tempo para facer unha análise axeitada.

 Seguen sen ser participativos xa que nin se nos deu a posibilidade de participar neles ( iso que presentamos 30 iniciativas a eles a primeiros de marzo). A veciñanza non tivo canles de participación.

En canto ao fondo non vemos variación nas partidas, moitos son “un copia e pega” do anterior.

As Axudas escolares iguais as dos últimos tres anos.

As axudas a entidades TODAS non se resolven por concorrencia competitiva senón que fanse por convenios. Isto non vai aparellado a uns criteios obxectivos e claros.

Falsos contratos menores e Licitacións.

Segue habendo informes de Secretaría e Intervención onde explican que hai disfrazados de contratos menores contratos que deberían ser licitados. Son en realidade contratos maiores

         .- contratación da iluminación pública.... e outros xa indicados no  informe de intervención.

         Licitar servizos: alumeado,Augas, piscina, gardeiría

INCUMPRIMENTO:

         .- DE ordenanzas por elaborar ou revisar según o plan normativo do 2018 que é copia do incumprido no 2017 ( ordenanza fiscal 14, 20, 22.., de   caixeiros automáticos,  ocupación de solo…

SERVIZOS PÚBLICOS

Este goberno non ten una política de servizos públicos municipalizados e aboga pola externalización de servizos. Segue cunha folla de ruta externalizadora. Como xa fixo cos orzamentos aprobados no 18.

Na memoria explicativa do orzamento  segue a falarse de licitación de servizos

É chamativo que algúns deste servizos estean , neste momentos, a cargo de empresas privadas.

O goberno local amortiza estes postos de traballo que logo se contratan a empresas.

 

 CADRO DE PERSOAL

No Orzamento deste ano 2019 contamos con dous informes técnicos no tocante ao cadro de persoal deste concello.

O informe xurídico expresa dun xeito bastante meticuloso a situación de persoal funcionario e laboral fixo. Sinalando adxcricións a postos de traballo “sin estar suxeitas ao procedemento legal establecido” en situación de fraude de lei.

 Explicando o rexime xurídico da oferta de emprego público e os sistemas de provisión dos postos de traballo.analiza a situación real deste concello e observa ilegalidades manifiestas e graves incumprimentos legais “ que se perpetuaron no tempo con absoluta inacción”.pois “non se levaron a cabo procesos selectivos.

Esta situación pode suponer graves prexuicios para o interese público local.

O informe de Intervención tamén apunta a consecuencias para as arcas públicas.

Esta situación xa estivo presentada para o orzamento do ano 18 e non houbo ningún cambio.

A gran mayoría dos postos están en situación de vacantes.

 Cremos que xa con isto é abondo para non respaldar os orzamentos que o goberno municipal do PSOE encabezado  polo Sr, Fernández.

Dende o BNG afirmamos que hai outro xeito de xestionar os fondos da nosa veciñanza.

Rogos e preguntas:

1.- VIDRIEIRO

Na zona de Vidrieiro hai fochancas de gran tamaño e nalgún cruce sinais de circulación tiradas.

ROGAMOS arranxo destas.

 

2.- OCUPACIÓN DE ZONAS PARA APARCAR.

Sendo unha vila con graves problemas de prazas para aparcar. Nas inmediacións da alameda están ocupadas por mesas, cadeiras e parasoles.

PEDIMOS control destes feitos  que eviten estas ocupacións irregulares.

 

3.- CONVOCATORIA DA XUNTA DE PORTAVOCES.

Falouse de facer convocatoria para poder analizar o PEPRI.

SOLICITAMOS a súa convocatoria inmediata.

 

4.- PATIO DO EDIFICIO DE SERVIZOS SOCIAIS.

Está sendo utilizado como lugar onde se almacenan materiais de refugallo.

ROGAMOS Unha intervención de limpeza.

 

5.- PÁXINA WEB.

Parece ser que xa está rematada e que se vai presentar ao público en xeral en breve.

SOLICITAMOS poder coñecela con anterioridade a esta estrea.

 

6.- LICITACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL.

Dende que rematou o contrato había o compromiso de facer esta licitación en breve espazo de tempo.

PEDIMOS a súa licitación.

 

 

7.- CUMPRIMENTO DE MOCIÓNS APROBADAS.

Cando se aproba unha moción o goberno municipal ten a obriga de cumprir os acordos.

Na Moción de Memoria Histórica se nos dixo en varios plenos que se estaba a estudar cumprila con algunha actividade.

SOLICITAMOS o seu cumprimento.

 

8.- GARDEIRÍA MUNICIPAL.

Vanse acometer obras nesta instalación que afectarán usuarios/as e traballadoras.

ROGAMOS a elaboración dun plan de actuación que evite  someter aos nenos/as a situacións de ruídos, po ....

 

9.- PATIO CUBERTO DO CEIP DE ANDRADE.

Tendo en conta que os centros educativos deben contar con instalacións axeitadas para o alumnado.

O CEIP de Andrade carece de patio cuberto.

PEDIMOS  que se estude esta necesidade e se traslade  a petición do mesmo ante a autoridade educativa.

 

10.-LICITACIÓN DO MANTEMENTO DO ALUMEADO PÚBLICO.

O gasto deste servizo é moi importante e non pode, segundo repetidos informes técnicos seguir facéndose en falsos contratos menores.

SOLICITAMOS que se licite este servizo.

 

11.- DESATENCIÓN AO REQUERIMENTO.

No decreto 93 deste mes faise alusión á desatención do requerimento de Augas de Galicia polos verquidos en Ver. Isto conlevou unha infracción leve cunha multa de 500€.

ROGAMOS que estas situacións non se repitan polo que supoñen para as arcas do municipio.

1.- BASES PARA LICITACIÓN DOS POSTOS DO MERCADO.

No pleno de xaneiro do 2019 afirmouse que nunha semana estarían esas bases feitas. No de febreiro que hai un borrador.

Como está a situación a finais de marzo? Houbo que enviar preguntas ao servizo xurídico da Deputación que solicitou documentación de cada posto. Todo en análise.

En canto tempo estimen que se fará e poderá abrir o Mercado?Tan pronto se poida. Hai diversidade de situacións.

 

2.- PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO POR ESTRADA.

 No pleno do mes pasado preguntamos pola situación deste Plan para Pontedeume.

Os anteproxectos nos que está implicado este concello están abertos a alegacións. XG639: Termos municipais de Pontedeume, Cabanas, Vilarmaior e Irixoa. XG641: Comarca do Eume.

Dixéronnos que estaban estudándoo e en tempo de alegacións

Presentaron algunha alegación?Non nese prazo.

 

3.- PLAN NORMATIVO 2019.

No pleno de decembro do 2017 aprobouse o Plan Normativo para o ano 2018 que contemplaba unha temporalidade que segundo se nos dixo no pleno de xuño dese ano non se estaba a cumprir.

Que se fixo dese Plan? Feita a ordenanza de BIC.

As demais están en borradores. Agardan que con novos traballadores xa se rematen. ( ocupación de solo, rebaixas e  taxas de vehículos verdes...)

Cal é o grado de cumprimento  neste ano 2019?

 

4.- AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR.

Xa estamos achegándonos ao derradeiro trimestre do curso 18/19.

En que situación están estas axudas?Xa está a lista de admitidos/as. O prazo de xustificación remata o 1 de abril e logo xa se procederá ao pago.

Cando pensan convocar as seguintes?Para o inicio do curso 19/20. Posiblemente logo de xullo.

 

5.- ESPELLO DE ESTEIRO.

Xa hai un ano que se solicitou a súa colocación.

Para cando será unha realidade?Xa está.

6.-RECOLLIDA DE PILAS.

Xa hai meses que pedimos que houbese puntos de recollida de pilas.

Xa teñen algún plan? Hai dous puntos de recollida: FOREMDES  e edificio de Servizos Sociais.

Non se poñerán na rúa pois consideran que non é axeitado.

 

7.- SEGURIDADE NOS PASOS DE PEÓNS INSTACIÓN DE NOVOS

En reiteradas ocasións pedimos medidas de seguridade para diversos pasos de peóns. Actualmente colocaron 12 ollos de gato en dous.

Cal é a planificación que teñen? En Ricardo Sánchez seguen agardando pola autorización.

 PASO DE PEÓNS NA ALAMEDA.

Esta foi unha demanda feita hai tempo dado que é un espazo transitado. É unha vía da vila.

Para cando? Cando estea o informe da policía municipal.

 

8.- VEHÍCULOS RESPECTUOSOS CO MEDIO.

Solicitamos unha rebaixa do imposto de vehículos para aqueles que fosen respectuosos co medio ambiente.

Xa pensaron que facer? Está contemplado no borrador.

 

9.- PRAZAS DE APARCADOIRO.

Díxosenos que estaban a estudar o cumprimento da súa promesa para a creación de prazas de aparcadoiro.

Cal é o plan neste momento? Hai varias fincas miradas, nas parroquias e na vila. O PXOM non ten terreos dotacionais no casco.

Xa teñen proxectos de situación?  Cando haxa respostas.

 

10.- RESPOSTA AOS ESCRITOS.

O 14 de febreiro rexistramos un escrito con diferentes preguntas en relación ao servizo das escolas deportivas municipais.

Cando contestarán ao mesmo? Está rematándose a resposta. Houbo que agardar a que a empresa explicase o solicitado. Ela borouse informe do técnico municipal.

Como está a situación actual do servizo?

 

11.- COLISEO GARCÍA NOVOA.

Prometeron realizar xestións para adquirir este local.

Cales foron as actuacións ata agora? Está descartado para este fin por dous motivos. O principal é que para facer un auditorio habería que a cometer unha reforma integral ( coa colocación de accesos legais, zonas de emerxencia ascensor, servizos...) quedaría reducido o espazo  e o aforo.

Por outra bando agora mesmo falan de 500.000 €.

É inviable.

 

12.- SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO.

Actualmente a empresa que realiza este servizo está en prórroga.

Cal é a situación actual?

O contrato era de 2 máis 2

Rematan o 21 de maio. A empresa remitiu un escrito no que expón que non quere a prórroga.

Disque non lles é rendible e que non poden sostelo.

Está disposta a empresa a continuar con este servizo?

 Non queren. A solicitude está presentada en tempo e forma axeitados.

Están obrigados a continuar, por lei, xa que é un servizo de emerxencia social mais o concello ten a obriga legal de sacar a licitación no menor tempo.

 

Resumo do pleno do mes de marzo de 2019