OS DESTROZOS DA REDE VIARIA SON VISIBLES NA PARROQUIA DE CENTROÑA E NAS INMEDIACIÓNS DE BREAMO

OS CAMIÓNS DA MADEIRA QUE DESTROZAN AS VÍAS EUMESAS TRABALLAN CON AUTORIZACIÓN ?

Os destrozos da rede viaria son visibles especialmente nas últimas semanas na parroquia de Centroña e nas inmediacións de Breamo. Camións de elevados tonelaxes deixan intransitables as pistas forestais e provocan grandes prexuizos incluso nas vías asfaltadas.

Para realizar cortas de árbores de forma LEGAL é preciso:

  • ter unha licencia municipal de carácter anual
  • presentar unha fianza de 2.260 euros para vehículos de mais de 16 Tn, para responder do amaño dos deteriores que se puideran producir nos viais ou da limpeza dos mesmos derivada da carga e depósito de madeira.

Unha vez Rematada a actividade obxecto da taxa, e logo de verificar pola Concello que non se produciron deterioros nos viais, nin depósito de rolla, etc, procederáse de oficio, á devolución dos avais presentados.

Os responsables da corta responderán ante o Concello (que ten o deber de controlar) polos posibles danos ocasionados nas vías públicas municipais coma consecuencia do depósito e transporte de madeira. O concello ten a OBRIGRA de velar pola limpeza, a retirada de refugallos e as reparacións das vías

O goberno de Bernardo (“O ausente” como xa corre de boca en boca pola vila eumesa) cumpre coa súa propia ordenanza?     Está multando o goberno do Sr. Fernández estas desfeitas  ?

O BNG reclama que o sr. Bernardo Fernández lle dedique ao pobo que o elixiu o tempo e traballo que Pontedeume se merece. O BNG espera que a resposta non sexa a de sempre:  “non temos persoal” “non damos feito”

OS CAMIÓNS DA MADEIRA QUE DESTROZAN AS VÍAS EUMESAS TRABALLAN CON AUTORIZACIÓN ?