O BNG de Pontedeume apoia a folga xeral do 14 N e rexistra unha moción de apoio.

O BNG de Pontedeume apoia a folga xeral do 14 N e rexistra unha moción de apoio.

A destrución de emprego avanzou de xeito imparable desde o inicio da actual crise económica. As políticas emprendidas agravaron aínda máis a situación de miles de persoas no noso país, ao tempo que protexen aos verdadeiros culpables da actual desfeita económica e social.

100.000 persoas máis ficaron sen emprego en Galicia neste período de crise económica, superando xa as 267.000, un 20 por 100 da poboación activa. As decisións políticas que se están a adoptar están a ter unha influencia decisiva no empeoramento das condicións de vida das maiorías sociais. Cada nova “reforma” supón un recorte en servizos públicos e un retroceso en conquistas sociais.

A democracia tamén está a ser abatida co pretexto da crise. Cada vez é máis evidente que se goberna en institucións e organismos afastados, que non están sometidos ao referendo popular.

O FMI, o BCE, a UE, deseñan a política económica aplicando receitas fracasadas, ineficaces, que sitúan xa a unha ampla maioría de persoas a carón do abismo, sen traballo nin rede social de cobertura.

Saír desta crise económica para moitas galegas e galegos significa poder ter un traballo. E, ademais, poder xerar emprego para eses miles de persoas que aspiran a telo só poderá vir da man de reactivar os sectores produtivos básicos da nosa economía, para o que precisamos ter maior capacidade de decisión en Galicia para darlles apoio e orientalos polo camiño dun desenvolvemento sustentable.

A oportunidade deste 14 de novembro é a de reivindicar unha saída xusta á crise:

  • A prol das galegas e galegos e non dos mercados financeiros.
  • A prol de que Galiza avance nun desenvolvemento económico e social parello á mellora das condicións de vida das maiorías sociais.

Por todo o exposto é polo que o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego solicita deste Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte

 

ACORDO

Manifestar o apoio ás mobilizacións e á folga xeral convocadas o 14 de novembro polas organizacións sindicais representativas e impulsar a economía e o traballo en Galicia.

O BNG de Pontedeume apoia a folga xeral do 14 N e rexistra unha moción de apoio.