O Mercado: critican cando están na oposición (Psoe) e logo fan como eles (PP)

IMG_8513
Mercado
O Mercado: critican cando están na oposición (Psoe) e logo fan como eles (PP)

O alcalde usou o Mercado para gañar as eleccións criticando ao PP e a súa obra faraónica, estilo Gaiás, e paso a paso está facendo o mesmo que  criticaba do Partido Popular, continuando o proxecto e o preconvenio deixado por Torrente. Por certo, 500.000 euros da Xunta de Galiza, 500.000 da Deputación e 500.000 que vai pór o Concello de Pontedeume (ou sexa todos os eumeses e eumesas) e que van deixar as arcas municipais baleiras. Mais o  peor de todo é que ao igual que aconteceu coa Alameda, a xestión da mesma por parte de Bernardo e a súa equipa de goberno, vai camino de convertela nunha verdadeira Cidade da Cultura, con atrasos continuos que fan que non teñamos o mercado aberto este ano tampouco, coa importancia que ten para todo o tecido socioeconómico eumés.

O señor alcalde fixo a escolla de seguir co que estaba planificado sen escoitar as propostas do BNG para facer un proxecto máis realista,  viábel e que se acortasen os prazos.

 

O Mercado: critican cando están na oposición (Psoe) e logo fan como eles (PP)