Denunciamos o desleixo na recollida dos excrementos dos cans.
Hai un par de meses o concello de Pontedeume instalou dúas papeleiras para recollida de excrementos para mascotas, situadas no paseo fluvial. As únicas en todo o concello. A súa colocación foi publicitada con "grande suceso" polo goberno municipal e unhas poucas semanas despois aínda agardamos outras medidas que desenvolvan o regulamento de animais de compaña aprobado por parte da corporación municipal.
Neste momento e xa dende hai varios días estas papeleiras están saturadas, con excrementos por fóra…… dando una imaxe deplorable nun paseo moi transitado.
Somos sabedores de que velar polo bo estado do mobiliario urbano e a limpeza da contorna é un traballo tedioso máis é fundamental que os/as responsables do concello estexan pendentes destes feitos.
Tamén esiximos, alén da manutenzón, que se leven a cabo todas as medidas recollidas no regulamento aprobado, entre outras cousas, con a instalación de máis papeleiras deste tipo noutros lugares do concello.