Pontedeume co pobo Palestiniano.

Pontedeume co pobo Palestiniano.

palestinaApós de manifestármonos, as e os eumeses, en contra do xenocidio practicado por Israel contra o pobo palestiniano, presentamos está moción no concello.

Nas últimas semanas centos de persoas foron asasinadas en Gaza polo exército israelí como consecuencia das ansias imperialistas do Estado de Israel. A estratexia de aniquilación do pobo palestiniano non se limita a masacre dos últimos días, senón que a política xenocida practicada polo Estado de Israel, a base de detencións masivas, batidas policiais, asasinatos, destrución de casas e infraestruturas vitais para o pobo palestinano  pode cualificarse como un crime de lesa humanidade.

Centos e centos de cidadáns e cidadás galegos/as  e doutros lugares do Estado, solidarios co pobo palestiniano,  manifestaron nestes días a súa raiba e a súa dor;  o propio  Parlamento galego  aprobou, no pasado mes de maio, unha resolución unánime a prol do cumprimento das resolucións das Nacións Unidas para pór fin ao sometemento do pobo palestiniano e recoñecer os seus dereitos colectivos. Este acordo parlamentar de todas as forzas políticas galegas propuña camiñar cara á resolución dun conflito desigual onde un Estado poderoso esmaga un pobo, asasina mulleres e crianzas e planifica a eliminación total de quen só pretende vivir dignamente na súa terra.

Cómpre manifestar publicamente a necesidade de que cesen de inmediato as hostilidades e ataques contra o pobo palestiniano, porque o respecto á dignidade humana non é compatible co escenario de asasinatos, de destrución, de xenocidio calculado que o Estado de  Israel está a exercer de maneira sanguinaria e cómpre entón que a comunidade internacional defenda os dereitos do pobo de Palestina e exixa do Estado de Israel o cumprimento da legalidade internacional, concretado nas múltiples resolucións do Consello de Seguranza da ONU que este país incumpre impunemente. Como galegas e galegos non podemos permanecer indiferentes, e por iso que denunciamos o silencio cómplice que consinte esta agresión militar contra o pobo de Palestina do Goberno español e da UE porque esta é a hora de expresar a máis enérxica condena perante a operación de limpeza étnica que o Estado de Israel está a perpetrar contra o pobo palestiniano na Franxa de Gaza con prácticas terroristas contra poboación civil desarmada que se teñen traducido na morte de moitas crianzas.

 

Por todo o anterior, o grupo municipal do BNG de Pontedeume solicita deste Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte

ACORDO

  1. 1.    O Concello de  Pontedeume condena o ataque criminal perpetrado polo Estado de Israel contra a faixa de Gaza e reclama que cesen de inmediato os ataques e bombardeos israelís contra o pobo palestiniano.
  2. 2.    O Concello de Pontedeume solicita a finalización do bloqueo contra a faixa de Gaza, así como o derrubamento do muro do apartheid que Israel está a construír na Palestina ocupada.
  3. 3.    O Concello de Pontedeume apoia o boicot diplomático, comercial, académico e cultural ao Estado de Israel mentres non cumpra a legalidade internacional e non respete os dereitos do pobo palestinano.
  4. 4.    O Concello de  Pontedeume solicita ao Goberno español que abandone a súa actitude pasiva diante deste conflito e exixa ao Estado de Israel o cumprimento do Dereito Internacional e das resolucións que aprobaron as Nacións Unidas desde 1948, de reparto territorial, así como a resolución 194 que obriga a Israel a asumir o dereito ao retorno da poboación palestina a súa terra.
  5. 5.    O Concello de Pontedeume apoia os actos que se convoquen para expresar a repulsa social ao ataque criminal do Estado de Israel contra o pobo palestiniano da faixa de Gaza, e fai un chamamento á cidadanía deste concello, e á galega en xeral, para manifestar de maneira masiva nas rúas o rexeitamento a este xenocidio.
  6. 6.    Dar traslado deste acordo ao presidente da Xunta de Galicia e ao presidente do Goberno español para que obren en consecuencia.

Pontedeume co pobo Palestiniano.