Denunciamos a falta de políticas de emprego do concello de Pontedeume en toda a lexislatura.
O desemprego eumés no abandono.
O centro de formación de Pontedeume, FOREMDES, dirixido polo goberno local do PP está baixo mínimos. Mentres que a taxa de desemprego eumesa é superior ao 27%, o goberno de Gabriel Torrente ten paralizado FOREMDES, por non solicitar as subvencións para realizar diversos cursos de formación. En contraste co grave desinterese do actual goberno coa poboación eumesa desempregada, noutros concellos estanse a realizar diferentes cursos (xardinería, soldadura, carpintería, permisos de circulación de transporte público...), incluso obradoiros onde os desempregados/as cobran o soldo mínimo. Todo isto, tanto cursos como obradoiros, inclúen prácticas en empresas, o cal facilitaría a incorporación ao mercado laboral.
Se entramos na páxina web do concello e clicamos no apartado de FOREMDES poderemos comprobar que o propio concello dinos que as aulas se encontran valeiras e que a oferta formativa non empezará ata abril, xusto a un mes das eleccións! Desde o BNG recordámoslle ao PP que os eumeses/as necesitan sempre dispór de cursos de formación, e que o goberno traballe toda a lexislatura, non só a uns meses das eleccións.