transparencia
Novas
Concello Miño

PLENOS PARTICIPATIVOS. RETRANSMISIÓN DOS PLENOS

Onde están as promesas de Bernardo para que conseguir que os plenos sexan realmente participativos ? O PSOE de Pontedeume negouse á posibilidade de que os plenos puidesen realizarse polas tardes, unha medida que o BNG ven reclamando reiteradamente.
Ler novas
Novas
Adxudiación para cando

Dirección do Mercado ¿un posto a "dedo"?

  1. DIRECCIÓN DO MERCADO.

É inaceptable que a Dirección do Mercado poda recaer nunha persoa designada a dedo por unha empresa externa ao concello de Pontedeume

A Dirección do Mercado debe ser ocupada por unha persoa en réxime de persoal propio do Concello de Pontedeume

A Dirección do Mercado debe ser designada mediante un proceso de concurso-oposición (nunca a dedo, nin traballar para unha empresa externa).

  • en réxime de concorrencia competitiva,
  • previa convocatoria pública cun procedemento aberto
  • que se garantan os principios de transparencia, concorrencia, imparcialidade e publicidade

Nas regulamento do mercado debe establecerse como mínimo os requisitos necesarios para o posto de Dirección do Mercado (titulación académica, experiencia mínima, soldo a percibir....)

  1. APROBADO NO PLENO

Un regulamento deste tipo debe ser aprobado polo pleno non debe quedarse nunha aprobación “clandestina” mediante un decreto da alcaldía.

  1. LIMITAR OS POSTOS ÁS MESMAS PERSOAS

O BNG solicita que NON poda ser a mesma persoa natural ou xurídica adxudicataria de máis dun posto dos que se liciten no mercado (agás situacións especiais que o xustifiquen debidamente: cafetería + servizo de comidas; posto de carne/peixe + elaboracións....)

  1. DURACIÓN DAS CONCESIÓNS

O BNG solicita que a duración das concesións non sexa maior de 15 anos, prorrogables (por acordo público entre o concello e concesionario) ata un máximo de 25 anos

  1. SOLVENCIA DOS CONCESIONARIOS

As persoas físicas concesionarias deben acreditar como solvencia técnica a experiencia comercial de ao menos 12 meses continuados nos últimos 5 anos, mediante certificación de alta censal en facenda.

  1. PREZO MÍNIMO DE LICITACIÓN (según tipo de posto e superficie)

O BNG solicita que se estableza un prezo mínimo de licitación (según posto e superficie) como en calquera tipo de subasta pública.

  1. GASTOS DE LUZ E AGUA

O BNG solicita que se clarifique no Regulamento quen abonará os gastos do servizos: luz, auga...

  1. COMISIÓN MIXTA

O BNG solicita que se aclare no regulamento o procedemento para nomear aos compoñentes da comisión mixta de forma que os grupos políticos municipais teñan representación.

  1. EXTINCIÓN POR XUBILACIÓN

Incluír nas causas de extinción, a causa por xubilación. Debido á posibilidade de que as concesións son transmisibles “inter vivos” non debería supor ningún problema engadido.

  1. PRIVILEXIOS DAS LICENZAS PROVISIONAIS

O BNG solicita que se aclare o que significa “isto sen prexuízo do réxime específico das licenzas de uso e ocupación provisional” dentro do artigo18.2.

  1.  PROHIBICIÓN DE VENDEDORES AMBULANTES

O BNG solicita que se aclare o que significa “arredores do mercado municipal de abastos” do artigo 4. Esta prohibición debe ser clarificada delimitando a zona prohibida nun plano.

  1. CONCESIÓNS E PAGO DOS VENDEDORES AMBULANTES

As paradas deben de adxudicarse igualmente por un procedementos aberto en réxime de concorrencia competitiva.  O BNG solicita que para, evitar problemas futuros, se clarifique no regulamento as seguintes cuestións sobre as paradas ambulantes: cantas hai, onde están situadas, que superficie ocupan, uso previsto ? poderán estar dentro do mercado ou só nos soportais ?? Como se vai facer o cobro aos vendedores ambulantes ?? Cal é o canón que pagarán os vendedores ambulantes ?

  1. MEMORIA DECORATIVA DO MERCADO DE PONTEDEUME

O BNG solicita coñecer quen elaborou e que se amose publicamente  a Memoria decorativa do Mercado de Pontedeume.

Ler novas
Novas
Aumento do gasto en soldos

O ALCALDE OCULTA O SEU SOLDO Á CIDADANÍA

O traballo político debe ser pagado, e ben pagado (como calquera outro traballo), mais o concello non debe ser unha oficina de contratación.

Ocultismo. As palabras textuais do actual alcalde da vila, Bernardo Fernández: “A transparencia é secundaria” definen claramente as súa forma de gobernar.  O alcalde negouse a facilitar cales ían ser o soldos do propio alcalde e do tenente  alcalde.

 

Ler novas