Resumo do Pleno ordinario do mes de setembro

Resumo do Pleno ordinario do mes de setembro

No pleno de 26 de setembro de 2016, a corporación municipal aprovou por unanimidade a moción do BNG, apresentada pola nosa portavoz municipal Ana Veira, de apoio a  A Plataforma de Vítimas do Alvia 04155. Compre lembrar que esta plataforma denunciou en reiteradas ocasións a falta de sensibilidade das autoridades e unha incomprensíbel situación de desamparo que viola os seus dereitos máis básicos como vítimas e familiares deste terríbel suceso. Con esta declaración institucional non podemos reparar o dano inmenso que estas persoas sufriron, non podemos facer xustiza, nin esclarecer a verdade do sucedido, mais a través do consenso entre todos os partidos políticos con representación no noso Concello nun acto de responsabilidade e compromiso contribuímos a recoñecer e dignificarás vítimas e familiares do accidente ferroviario Alvia 04155.

O acordo aprovado consta dos seguintes pontos:

1.Dar apoio expreso á Plataforma de Vítimas do Alvia 04 7 55.

2.Que o Concello de PONTEDEUME reciba á Plataforma de Vítimas

do Alvia 04 7 55, para coñecer as súas demandas e reivindicacións.

3. Solicitar ao Goberno do estado que encargue a unha comisión de expertos e técnicos independentes a investigación do ocorrido.

4. Solicitar ao Goberno do estado a apertura dunha comisión de investigación . en sede parlamentaria para establecer posíbeis responsabilidades políticas.

Alén disto, o BNG rexeitou o plan económico financeiro apresentado polo goberno municipal para cumprir coa lei de estabilidade orzamentaria pactuada entre o PP e o PSOE, debido a que vai supor un incremento impositivo sobre as costas das eumesas e eumeses, via "catastrazo" entre outros, mais isto non vai ir acompañado de un impulso económico nen melloras nos servizos que o concello presta a cidadanía eumesa. Todo para pagar os excesos da banca e das grandes fortunas co diñeiro de todas e todos.

Tamén denunciamos a tomadura de pelo e má xestión do goberno municipal coa obra da Alameda. E emprazamos ao Sr.Bernardo a que tome a serio responsabilidade que representa a alcaldia e leve a cabo as medidas necesarias para solucionar este problema para que se abra de unha vez este espazo ao público, alén de tomar medidas legais coa empresa á que se lle adxudicou dita obra, que se está enquistando co paso do tempo. 

Para rematar, voltamos reclamar que se amañe o paseo maritimo fluvial e a foz do Rio Covés( lousas rotas, árbores caídas...), unha programación cultural digna de tal nome, perguntamos polo servizo da piscina municipal, (prezos e seguridade). tamén reclamamos unha páxina web do concello á altura doutros concellos como o de Allariz, e preguntamos en que fase está o concello na elaboración e actualización das ordenanzas reguladoras de uso de solo público, en consenso co  sector hostaleiro do noso Concello.

 

 

Resumo do Pleno ordinario do mes de setembro