Orzamentos municipais 2017, unha nova decepción e unha nova oportunidade perdida.

Orzamentos municipais 2017, unha nova decepción e unha nova oportunidade perdida.

O BNG de Pontedeume non apoiou os orzamentos municipais para o ano 2017 elaborados polo goberno municipal co alcalde Bernardo á cabeza, debido a que novamente se nos presentou un documento sen consensuar e con unhas formas pouco democráticas e transparentes.

A nosa portavoz Ana Veira lembroulle ao Sr Bernardo que os orzamentos de 2016 foran aprobados pola nosa formación, apesar de que ao igual que como estes tamén non houbera intención de consensualos con nós e as formas foran idénticas, explicandolle que xa daquela era un sí condicionado debido a que eran os primeiros orzamentos en oito anos e contemplaban algunhas das nosas iniciativas presentadas en pleno. Mais que esperabamos que houbera un intento por parte do alcalde de consensuar cos axentes sociais e grupos políticos con representación no concello ditos orzamentos para este 2017. E que en todo caso se nos dese a documentación con tempo para poder ser estudiados a fondo e poder realizar as enmendas que estimaramos convintes para as melloras que precisaba Pontedeume e as suas maiorias sociais. Lamentabelmente repítiuse a mesma atuación por parte da alcaldía que nos orzamentos do ano anterior, nesta ocasión facilitándonos os orzamentos no venres da vespera de noite boa e nadal para seren aprobados o xoves no pleno ordinario.

Isto en canto as formas, mais en canto ao fondo tamén temos críticas que realizar ao respeito;

Seguen sen ser participativos. Non se convocou aos axentes sociais para que fixesen propostas que desenbocaran nuna verdadeira participación, senón que se entende que só cun sorteo vaise dar voz a una parroquia para saber como gastar o “premio” dese sorteo, fixado de antemán.

Son, en xeral, continuistas. Repite e incumpre xa que recolle de novo una listaxe de intencións contidas no  do 2016 e que se repiten para facer neste 2017.

            .- contratación da iluminación pública.

            .- regularizar o contrato con Viaqua.

            .- Cap 3. Taxas e outros ingresos: a mesma cantidade 1.917.230,26€

            .- Incorporación dun tesoureiro/a.

Son incumpridores. Ordenanza de matrimonios civís,  caixeiros automáticos,  cemiterio municipal...

Son privatizadores: Apesar de que o goberno vai aumentar os impostos directos considerabelmente, vía IBI "catastrazo" e no imposto de actividades económinas, IAE, estimándose un aumento na recadación de máis de 570.000 euros ao ano, este aumento recadatorio non vai supor mellorar os servizos esenciais que presta o concello.

Este goberno non ten una política de servizos públicos municipalizados e aboga pola externalización de servizos. Segue cunha folla de ruta externalizadora que sempre será máis gravosa para as arcas municipais e deixará en mans de empresas,  que como xa sofrimos  no SAF, poden chegar a facer unhas actuacións de obrigar a o concello a  tomar resolucións a favor do intereses empresariais en decrimento do servizo ás persoas.

Seguimos pensando que se estes servizos dan beneficios a empresas  deben ser asumidos pola administración pois sempre serán máis baratos.

PROMOCIÓN DO COMERCIO, E DAS EMPRESAS

Parécenos escasa, sobre todo no que atinxe á promoción do polígono de Vidrierio.

PERSOAL

Segue aparecendo no cadro de persoal a praza  de sarxento de policía.

INFRAESTRUTURAS

Paseo fluvial: Cun orzamento de 25.000€. Parécenos  baixo máis agardamos que logo de ser demandadado polo BNG en reiteradas ocasións sexa neste 2017 unha realidade. (459)

PROMOCIÓN CULTURAL

Moi deficiente en canto á actividades e programas de fomento da cultura e da lingua propia do noso país.

En definitiva razóns de peso para seren rexeitados por nós, porén o BNG debido a que están contempladas algunhas das iniciativas presentadas pola nosa formación, como o amaño da cuberta do pavillón, o amaño do paseo marítimo fluvial, ou o servizo de madrugadores entre outras, optou por unha abstención condicionada para que O Sr Bernardo no próximo exercicio faga un orzamento verdadeiramente participativo, de todas e todos os eumeses, coa participación nos mesmos desde o minuto un, tanto dos axentes sociais como dos grupos da oposición do concello.

 

 

Orzamentos municipais 2017, unha nova decepción e unha nova oportunidade perdida.