Pontedeume non precisa dun plan B senón o plan A do BNG-Asembleas Abertas.
21 abr. 2015 - 15:34
O candidato do BNG-Asembleas Abertas de Pontedeume, Antonio Salvadores, presentou onte a candidatura completa no Centro de Maiores xunto coas e cos compañeiros con que concorrerá ás eleccións municipais do 24 de maio . Nun acto no que interviu o deputado Daniel Rodas, Salvadores subliñou que a vila "non precisa dun plan B, o que representan o PP e o PSOE alternándose durante 30 anos na Alcaldía", senón o plan A do BNG-Asembleas Abertas. Só así, "Pontedeume poderá estar na Champions League dos concellos de Galiza que levan premios a nivel internacional como Allariz, Pontevedra, San Sadurniño, onte hai gobernos nacionalistas".
Salvadores explicou algunhas das liñas mestras do seu programa, como a recuperación e a posta en valor do patrimonio histórico e natural, a rehabilitación do mercado e darlle pulo ao feirón, así como a potenciación das políticas sociais e a aposta pola participación cidadá para facer de Pontedeume o Concello dos veciños.
1. Antonio Salvadores Regueiro.
2. Ana Veira Garcia
3. Xurxo Allegue Freire
4. Cristina Placer Rioboo.
5. Iago Castro Torre
6. Rocio Souto Torre.
7. Miguel Angel Feal Varela
8. Mª Celina Josenge Valladares
9. Mª Eugenia Garcia Chao
10. Jose Antonio Amado Brage
11. Leo Rei Castro
12. Anton Rey Sueiras
13. Josefa Diaz Faraldo
Suplentes
1. Raul Calvo Tenreiro
2. Ana García Fernández
3. Lucia Lodeiro Feal